Boudhanath (en devanágari: बौद्धनाथ), tamén chamado Boudha, Bouddhanath ou Baudhanath ou o Khāsa Caitya, é un dos lugares máis sagrados do budismo en Katmandú, Nepal. É coñecido como Khāsti en lingua newari, Jyarung Khasyor en lingua tamang ou como Bauddha polos modernos falantes de nepalés. Está situado a 11 km do centro, na periferia ao noroeste de Katmandú. Trátase dunha das estupas esféricas máis grandes do Nepal, representando o mandala.

A estupa budista de Boudhanath domina o horizonte. A antiga estupa é unha das maiores do mundo. A afluencia de grandes poboacións de refuxiados do Tíbet propiciou a construción de 50 gompas tibetanas (mosteiros) arredor do Boudhanath. Dende 1979, o Boudhanath é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Xunto co Swayambhunath, é un dos lugares máis populares para os turistas na área de Katmandú.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Kora (peregrinación) Swayambhunath Budismo tibetano

Ligazóns externas Boudhanath en www.weallnepali.com Imaxes do Boudhanath

Categoría:Budismo no Nepal Categoría:Patrimonio da Humanidade no Nepal