As illas Florida (ou illas Nggela) son un pequeno grupo de illas na Provincia Central das Illas Salomón, unha nación (desde 1978) no suroeste do océano Pacífico.
A cadea está composta por catro illas máis grandes e unhas 50 illas máis pequenas. As dúas illas principais, Nggela Sule (ou Illa Florida) e Nggela Pile ao sueste, están separadas por unha canle, Mboli Passage. O nome Illa Florida ás veces tamén se usa para referirse a Nggela Sule. As outras dúas illas máis grandes atópanse ao noroeste de Nggela Sule; Sandfly (tamén coñecida como Mobokonimbeti) e, máis ao noroeste, Vatilau (tamén coñecido como Buena Vista).
Moitas das illas máis pequenas teñen praias de coral branco. Ao norte de Nggela Sule atópase Anuha (), e xusto á beira da costa suroeste de Nggela Sule está Tulagi, a capital da Provincia Central. Outras illas inclúen Gavutu e Tanambogo.
As coordenadas das illas son 9°00´S, 160°10´E.
As illas tiveron importancia estratéxica durante a segunda guerra mundial, especialmente na Batalla de Guadalcanal. As illas estaban dominadas polo Xapón e foron atacadas, e liberadas, polos Estados Unidos. Posteriormente, as illas serían utilizadas como base de hidroavións estadounidenses.
Historia O primeiro avistamento rexistrado por europeos foi pola expedición española de Álvaro de Mendaña o 16 de abril de 1568. Máis precisamente, o avistamento debeuse a unha viaxe local realizada por un pequeno barco, nos relatos o bergantín Santiago, comandado por Maestre de campo Pedro Ortega Valencia e tendo como piloto a Hernán Gallego. Foron eles quen a catalogaron como "Pascua Florida" (de o festa dese nome) de onde deriva o seu nome actual "Florida". Tulagi en Nggela Sule foi a sede da administración das Illas Salomón Británicas antes da invasión xaponesa de 1942 na segunda guerra mundial.
O grupo de illas Nggela atópase inmediatamente ao norte da máis famosa illa de Guadalcanal, o escenario da Batalla de Guadalcanal na segunda guerra mundial, con todo, a propia Nggela Sule viuse invadida polos xaponeses en abril de 1942 en relación co establecemento dunha base de hidroavións na veciña Gavutu. O 7 de agosto do mesmo ano, o 1º Batallón do 2º rexemento de Marines dos Estados Unidos desembarcou na illa para dar cobertura ao asalto do illote veciño de Tulagi. A Illa da Florida nunca chegaría a ser tan famosa como Guadalcanal, malia que serviu como unha pequena base, moi secundaria das operacións dos Estados Unidos e dos seus aliados na guerra do Pacífico, Australia e Nova Zelandia durante a duración da guerra. Logo da liberación aliada a illa converteuse nunha base de hidroavións dos Estados Unidos. A illa serviu posteriormente como punto de subministración de auga para a Mariña dos Estados Unidos, desviando a auga dunha fonte subterránea da illa.
Despois da segunda guerra mundial, a administración británica trasladouse a Honiera, Guadalcanal.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Map including the Nggela Islands (labeled as Florida Islands)
Categoría:Illas das Salomón