A homoserinaPubChem compound - HomoserineChemSpider - HomoserineCHEBI - Homoserine é un α-aminoácido coa fórmula química HO2CCH(NH2)CH2CH2OH. A L-homoserina non é un dos aminoácidos comúns codificados polo ADN (ver aminoácido non proteinoxénico) e difire do aminoácido proteinoxénico serina na inserción no seu esqueleto dunha unidade -CH2- adicional. Intervén como molécula intermediaria na síntese de certos aminoácidos.
A homoserina, na súa forma lactona (homoserina lactona), é o produto resultante da clivaxe por bromuro de cianóxeno dun péptido por degradación da metionina.
Síntese de aminoácidos A homoserina é un intermediato na biosíntese de tres aminoácidos esenciais: metionina, treonina (que é un isómero da homoserina), e isoleucina. Fórmase por dúas reducións do ácido aspártico a través do intermediario aspartato semialdehido.Berg, J. M.; Stryer, L. et al. (2002), Biochemistry. W.H. Freeman. ISBN 0-7167-4684-0 Despois a homoserina pode seguir dúas vías, unha que dá lugar a metionina, e outra que dá lugar a treonina; a partir da treonina pode producirse isoleucina.A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxina 624. ISBN 84-282-0738-0.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Homoserina lactona
Categoría:Aminoácidos Categoría:Aminoácidos non proteinoxénicos