Valentín Peña Meléndez, nado en San Tomé de Piñeiro (Marín) en 1851 e finado en Pontevedra o 8 de setembro de 1916"D. Valentín Peña" en Diario de Pontevedra 9-9-1916, p. 2., foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Trasladado a Santiago de Compostela, foi redactor de Gaceta de Galicia e traballou con Alfredo Brañas. Co seu irmán o debuxante José Peña Meléndez fundou o periódico El Ciclón. Trasladado a Pontevedra, formou parte do grupo republicano de Pontevedra, foi presidente do subcomité republicano de Lerez. Dirixiu os periódicos La Unión Republicana, La Opinión, fundou e dirixiu La Glosopeda e colaborou en Diario de Pontevedra e La Libertad. Ao final da súa vida foi nomeado auxiliar na oficina de Montes de Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Valentín Peña, unha voz contra a inxustiza

Categoría:Xornalistas de Marín Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1916