O mentrasteNome vulgar galego preferido en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1999; no Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009; (Mentha suaveolens, sinónimo de Mentha rotundifolia), é unha planta perenne, rizomatosa e ás veces estolonífera, pertencente ao xénero Mentha (o xénero das mentas). É común en Galiza. miniatura|240px|Ilustración Descrición É unha matiña verde, máis ramificada cá hortelá ou menta común, coas follas vilosas e moi engurradas, anchas, arredondadas, dentadas nos bordos, pecioladas, semellantes ás da sarxa, coa face verde escura e o envés abrancazado. Teñen un recendo suave semellante ao doutras mentas. Os talos son tamén vilosos. As flores van en inflorescencias en espigas mestas, algo máis aclaradas na frutificación, ao medraren os entrenós. As flores son de cor branca ou ás veces de cor malva. Distribución Nativa de Europa. Distribúese por toda a zona atlántica e mediterránea sendo algo máis rara no norte de Europa. En Galiza é moi común. Hábitat Medra en solos con algo de humidade; en zonas achegadas a regueiros, brañas e lamazais; mesturándose con silveiras e xuncos. En Galiza, por mor das condicións idóneas, considérase unha planta ruín que medra nas leiras, beiras de camiños, en polo xeral en lugares habitados. Propiedades Os seus compoñentes activos conteñen aceite esencial, mentol, carvona e timol. Son moitas as súas propiedades medicinais coma estimulante, estomacal e tamén como tónico: Analxésica: a infusión emprégase para tratar a febre e a dor de cabeza. Antiséptica Carminativa Dixestiva
En doses altas é tóxica e non se recomenda a toma por parte das mulleres embarazadas.
Farmacoloxía O extracto metanólico obtido das pólas de M. suaveolens exerce unha actividade antibiótica contra Bacillus subtilis. Etnografía É unha herba ben coñecida no rural galego. Ten moitísimos usos medicinais, dende infusións, utilizada como aceite etc. Empregábase para calmar o proído das estrugas fretando coas follas a zona afectada, xa que adoita medrar achegada a estas, por ter hábitats moi semellanteshttp://www.rios-galegos.com/mentastro.htm#MENTASTRO. Emprégase ás veces como unha das herbas da auga de San Xoán, xa que lle dá moito cheiro. Conta o naturista Txumari Alfaro no seu libro "Plantas y remedios naturales del Camino de Santiago" que esta planta foi moi usada nas pousadas dos peregrinos para escorrentar as pulgas nos leitos; tamén no tratamento das lombrigas así como na recuperación estimulante do organismo. Hai quen metía esta herba en alcol para despois sandar feridas con fretas. Taxonomía Mentha suaveolens foi descrita por Jakob Friedrich Ehrhart e publicado en Beiträge zur Naturkunde 7: 249–150. 1792. Variedades Mentha suaveolens subsp. insularis (Req. ex Gren. & Godr.) Greuter Mentha suaveolens subsp. suaveolens Mentha suaveolens subsp. timija (Coss. ex Briq.) Harley Sinonimia Mentha × rotundifolia var. suaveolens (Ehrh.) Briq. Mentha manostachya - Ten. Mentha rotundifolia - non L. Mentha graveolens subsp. insularis (Req.) R.Vilm. & Barbero Mentha graveolens R.Vilm. & Barbero Mentha macrostachya Ten. Mentha meduanensis Déséglise & T.Durand Mentha rotundifolia subsp. insularis (Req.) Arcang.[ en PlantList]
Nome común En galego ten moitos nomes comúns: Mentraste e as súas variantes dialectais: mentrastre, mentrastes, mentrastos, mentastro, mentrasto, mentrastro, mentasto, meldrasto, mendrastro , mentiaste, mentraste, ventastre. Menta brava, menta de burro, mentoes, mentón. Prestes Eligio Rivas Quintas (1978): Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca . Matapulgas, ou astamenda. En portugués chámase hortelã de leite ou mentastro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Poexo Planta medicinal Fitoterapia
Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 1994. Fl. China 17: 1–378. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348. Ligazóns externas
Borrador de Mentha en Flora Ibérica Natural History Museum: Mentha suaveolens Plants for a Future: Mentha suaveolens
Categoría:Mentha Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas medicinais