Na nomenclatura científica, a sinonimia ocorre cando un mesmo taxon, recibiu dúas ou máis denominacións distintas, propostas por dous ou máis científico diferentes. Nesta situación, a segunda ou seguintes denominacións perde a súa validez por mor da "Lei da Prioridade", permanecendo válida a primeira; a segunda é citada coma un sinónimo do taxon válido, a non ser que se teña cambiado posteriormente, por acordo da comunidade científica correspondente botánica ou zoolóxica, o nome do taxon.
Sinónimos e protónimo
Cando o anteromente dito sucede, o autor ou autores dos sinónimos actualmente considerados como válidos e, en caso de que se faga constar, a data da descrición, ten que poñerse entre parénteses (para idicar que dito autor non foi o primeiro que describiu o taxon), mentres que no caso do sinónimo inicial, chamado protónimo (do grego antigo πρῶτος prõtos, 'o primeiro', e ὄνομα ónoma, 'nome') se escribe sen parénteses.Exemplos: Impala, n. c. Aepyceros melampus (Lichtenstein, 1812); sin. Antilope melampus Lichtenstein, 1812 (que é protónimo). Ploceus cucullatus (Müller, 1766); sin. Oriolus cucullatus Müller, 1766 (que é protónimo).
O uso e a terminoloxía son diferentes, nalgúns casos, na zooloxía e na botánica (incluíndo a micoloxía, bacterioloxía e viroloxía).
Sinonimia en botánica
Acanthocalycium aurantiacum Rausch - 1968 Echinopsis aurantiaca (Rausch) Friedrich & G.D.Rowley - 1974 Lobivia thionantha var. aurantiaca (Rausch) Rausch - 1987, un pequeno e popular cacto. Buxus chinensis Link 1836 Simmondsia californica Nutt. Simmondsia chinensis (Link) C.K.Schneid., a xoxoba
Sinonimia en zooloxía
Con frecuencia ao mesmo taxon ao longo do tempo asignóuselle máis dun nome, o que pode crear moita confusión entre a comunidade científica. O principio de autoridade utilizado antes da aparición do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica contribuíu á proliferación de nomes e o seu uso interesado por partidarios dun zoólogo ou outro.
Trala aparición do Código, todos os nomes científicos réxense polo principio de prioridade e sinonimia segundo o cal, o nome válido dun taxon é o sinónimo máis antigo. Todos os demais nomes dese taxon considéranse sinónimos máis modernos e non deben usarse.
Hypercompe Hübner, 1819 Ecpantheria Hübner, 1820
Neste caso, un mesmo autor describiu o mesmo xénero de lepidópteros árctidos dúas veces con diferente nome; ten prioridade o nome publicado primeiro (Hypercompe), e Ecpantheria é un sinónimo do anterior.
O exemplo a seguir non é exactamente unha sinonimia:
Fregata minor (Gmelin, 1789) Pelecanus minor Gmelin 1789
Gmelin describiu unha especie de ave e asignouna ao xénero Pelecanus (Pelecanus minor); máis tarde, outro autor considerou que minor pertencía en realidade ao xénero Fregata, e subordinouna a este: Fregata minor (Gmelin, 1789); o nome do autor entre paréntese quere indicar precisamente que Gmelin describiu en 1789 esta especie, mais asignouna a un xénero diferente; cómpre destacar que Pelecanus non é sinónimo de Fregata; simplemente significa que entre as especies de Pelecanus actualmente non se inclúe minor Gmelin, 1789. Pelecanus minor e Fregata minor son diferentes combinacións do mesmo nome específico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carl von Linné Clasificación científica Clasificación dos virus Reino (bioloxía) Taxon Taxonomía Taxonomía (bioloxía) Taxonomía bacteriana Taxonomía dos mamíferos
Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Termos botánicos Categoría:Taxonomía