A ruda de montaña (Ruta montana) é unha planta fanerógama da familia Rutaceae. Aparece en Galiza espontánea.

Descrición Planta fortemente recendente, algo azulada, sen pelos, algo leñosa por baixo, de 25–70 cm, con follas divididas profundamente dúas ou tres veces, formando segmentos alongados e moi finos. As flores son primaverais, amarelas, pouco abertas, de menos de 1 cm, agrupadas densamente no extremo das pólas, con 4 pétalos de bordo un chisco ondulado na súa punta. É unha planta velenosa, abortiva, medicinal reputada, aínda que non tanto como algunha outra especie do seu mesmo xénero. O seu recendo, que desagrada a moitas persoas, fica nas mans incluso despois das lavar. Cápsulas de 1,5-3mm, con pedicelo curto e 4-5 lóbulos moi marcados. Florea e frutifica da primavera ao verán.

Distribución e hábitat Poboacións espalladas dende Galiza, Portugal e noroeste de África deica Turquía. Medra en matogueiras, pedregueiras e lareiros asollados. Taxonomía Ruta chalepensis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Amoend. Acad. 3: 52 (1756) en Trópicos Citoloxía Número de cromosomas da Ruta montana (Fam. Rutaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=36.Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955) e 2n=40.New chromosome numbers in Rutaceae. Santos Guerra, M. (1984) Pl. Syst. Evol. 146: 13-30 Sinonimia Ruta graveolens var. montana L. en PlantList Ruta sylvestris'' Mill. Notas

Véxase tamén Outros artigos Ruda de xardín Ligazóns externas

Categoría:Ruta Categoría:Flora de Galicia