El Grito Popular foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1892 e 1893.
Historia e características Subtitulado Semanario de las clases produtoras, apareceu o 8 de marzo de 1892. Voceiro do Centro Republicano local. Dirixido polo tipógrafo federal José C. Otero. Polémico cos liberais-monteristas e a curia católica, o seu director foi procesado por inxurias ao xuíz de Ribeira en setembro de 1892,Gaceta de Galicia, 16-9-1892, p. 3. e sufriu a prohibición arcebispal en novembro dese ano logo de publicar un artigo do anarquista Anselmo Lorenzo onde se puña en cuestión a infalibilidade papal.Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, 22-11-1892, p. 2-3. Moi influído polas correntes obreiristas, publicou a comezos de 1893 retrincos da obra de Karl Marx Das Kapital, a xeito de folletín. Cesou a súa publicación en agosto de 1893.El Regional, 10-8-1893, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1892 en Galicia