Carmelo Félix Camet, nado o 29 de outubro de 1904 e finado o 22 de xullo de 2007, foi un tirador de esgrima arxentino, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria Fillo do tirador Francisco Carmelo Camet, que competira nos Xogos Olímpicos de 1900, comezou a practicar esgrima de neno guiado por seu pai. Estudante de dereito, en 1922 representou a Arxentina nas denominadas Olimpiadas Latinoamericanas, celebradas con motivo do centenario da declaración da independencia do Brasil, e a Arxentina foi a primeira en espada, florete e sabre. En 1926 gañou o campionato arxentino, e estivera a piques de ir ás Olimpiadas de 1924 pero si fixo parte da delegación arxentina nos Xogos Olímpicos de 1928, como suplente no equipo de florete composto por Roberto Larraz, Luis Lucchetti, Raúl Anganuzzi e Héctor Lucchetti. Non participou nas dúas primeiras roldas, pero substituíu a Héctor Lucchetti no enfrontamento con Bélxica e en todos os seguintes. O equipo gañou a medalla de bronce.
Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina Categoría:Esgrimistas olímpicos da Arxentina Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Centenarios Categoría:Nados en París