A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta.

Territorio miniatura|esquerda|250px|Localización e extensión da diocese de Bilbao na arquidiocese de Burgos. O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña, que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde, que forma parte da diocese bilbaína.

Limita coas dioceses de Santander, Vitoria e San Sebastián.

Historia A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria.

O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium, feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable. Santos e beatos O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola. San Valentín de Berriochoa, primeiro mártir biscaíño canonizado, está considerado como patrono secundario da diocese.

Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por vivir nela: Santa María Josefa Sancho Beata María Dolores Rodríguez Sopeña Beata Rafaela de Ybarra Beato León Inchausti Minteguía Beato Domingo Iturrate Beata Margarita Maturana Beato Francisco Gárate Beatas Francisca de Amezua, María Consuelo Cuñado e Feliciana Uribe

A Virxe de Begoña, advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome, é patroa do Señorío de Biscaia, mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade.

Episcopoloxio Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes: Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza) Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado) Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia) Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado) Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid) Mario Iceta (2010 - 2020, nomeado arcebispo de Burgos) Joseba Segura (dende o 3 de xullo de 2021)

Nos períodos nos que a sé estivo vacante, os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes: 1968 - 1971: José María Cirarda 1978 - 1979: Juan María Uriarte 2010: Mario Iceta 2020 - 2021: Joseba Segura

Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes: Juan María Uriarte (1976 - 1991) Carmelo Etxenagusia (1995 - 2008) Mario Iceta (2008 - 2010) Joseba Segura (2019 - 2021)

Véxase tamén Ligazóns externas Diocese de Bilbao (sitio oficial) .

Categoría:Divisións territoriais católicas en España Bilbao Categoría:Biscaia