A Estierna (en castelán e oficialmente, Sisterna) é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Ibias. Cobre unha superficie de 11,68 km² e, segundo o INE, no ano 2020 contaba con 19 habitantes, 13 homes e 6 mulleres.
Entidades de poboación A parroquia da Estierna ten as seguintes entidades de poboación (nome oficial en castelán entre parénteses):
A Estierna (Sisterna) El Vau (Bao)
Lingua Na parroquia fálase o tixileiro, que é unha fala de transición entre o galego e o asturiano.
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia da Estierna
Parroquias do concello de Ibias
Notas
Estierna