Ricardo Bescansa Martínez, nado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1912 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1986, foi un empresario galego.

Traxectoria Fillo primoxénito de Ricardo Bescansa Castilla e Felisa Martínez Sampelayo. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1933. Unha viaxe a Lisboa descubriulle a televisión, e desde 1955 empezou a facer probas con antenas. En 1958 creou con Amador Beiras a empresa Televés, e iniciou a venda de aparatos de recepción do sinal.

Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1981-1986) e tío da política Carolina Bescansa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ricardo Bescansa Martínez - Fundación Galicia Empresa

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela