Rafael Carvajal Rivera, nado en Vigo e finado en Madrid o 24 de xuño de 1915,Necrolóxica en El Regional, 25-6-1915, p. 2. foi un xornalista e propagandista agrario galego.

Traxectoria Fillo de José Carvajal Pereira.Faro de Vigo, 28-6-1915, p. 2. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de la Patria, foi redactor de El Siglo Futuro e colaborou en La Región. Formou parte do grupo iniciador de Acción Gallega en Madrid en 1909. Participou no programa de mitins iniciado por terras de Meira. Presentouse como candidato católico independente polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1910 fronte a Avelino Montero Villegas, e foi derrotado. En outubro de 1910 entrou na primeira redacción de El Debate xunto cos galegos Basilio Álvarez, Luis Antón del Olmet e Alfonso Alcalá Martín. Foi redactor-xefe de La Tribuna (1912). En 1915 era redactor xefe do xornal Marte.El Globo, 25-6-1915, p. 3.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1915

Categoría:Nados en ano descoñecido