A dos balenoptéridos (Balaenopteridae) é a familia máis diversa e máis abundante en especies dos cetáceos misticetos.

Esta familia inclúe os denominados rorcuais, entre eles baleas tan coñecidas como o rorcual azul ou balea azul e o xibardo.Berta, Annalisa (2006): Marine Mammals: Evolutionary biology. Academic Press. ISBN 0-12-088552-2.

Taxonomía

Descrición A familia foi descrita en 1864 polo zoólogo británico John Edward Gray, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1864: 203.Balaenopteridae en Encyclopedia or Life.Balaenopteridae en MSW.

Etimoloxías Nome científico Gray formou o seu nome, como é habital, engadíndolle a desinencia do latín científico -ĭdae, propio das familias de animais, ao nome do xénero tipo, Balaenoptera, que fora definido polo francés Bernard-Germain de Lacépède en 1804.

Lacépède derivou este nome do latín bālæna, 'balea', que á súa vez deriva do grego antigo φάλαινα phálaina, e o grego antigo πτερόν pterón, 'á', en alusión ás longas aletas pectorais das súas especies (literalmente: 'as baleas con ás').

Nome común En canto ao nome común, rorcual, procede do francés rorqual, un préstano do noruegués røyrkval. Polo que respecta á orixe desta voz norueguesa, hai varias opinións; segundo algúns etimoloxistas estaría formado por reyðr 'suco' e hvalr 'balea', literalmente 'balea con sucos', aludindo ás dobras gulares destes animais, mentres que outros opinan que deriva do nórdico antigo reytharhvalr, de reyth 'rorcual' (de raurthr 'vermello') e hvalr 'balea', ou do islandés antigo reyöarhvalr, de reyör, 'rorcual', e hvalr 'balea'.

Clasificación A familia dos balenoptéridos está formada por 8 especies (para algúns autores, 9) repartidas en 2 subfamilias con cadanseu xénero:Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (ed.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). miniatura|210px|Balea azul femia co seu baleato. miniatura|210px|Rorcual común. miniatura|210px|Balaenoptera acutorostrata saltando.

<big>Familia Balaenopteridae</big> Gray, 1864 Subfamilia Balaenopterinae Gray, 1864 Xénero Balaenoptera Lacepède, 1804 Balaenoptera physalus Linnaeus, 1758 Balaenoptera borealis Lesson, 1821 Balaenoptera brydei Olsen, 1913 (Non aceptado; válido Balaenoptera edeni Anderson, 1878) Balaenoptera brydei Olsen, 1913 en WoRMS.Balaenoptera brydei na Lista da UICN. Balaenoptera edeni Anderson, 1878 Balaenoptera musculus Linnaeus, 1758 Balaenoptera acutorostrata Lacepède, 1804 Balaenoptera bonaerensis Burmeister, 1867 Balaenoptera omurai Wada, Oishi & Yamada, 2003 Subfamilia Megapterinae Gray, 1864 Xénero Megaptera Gray, 1846 Megaptera novaeangliae (Burowski, 1781)

Nota taxonómica sobre o rorcual de Bryde O rorcual de Bryde é de aparencia moi similar a Balaenoptera borealis e case de igual tamaño. Non foi descrito como especie independente até 1878 a partir dun exemplar varado na costa de Birmania, ao que se lle deu o nome binomial de Balaenoptera edeni.

En 1913 describíronse baleas avistadas mar a fóra de Suráfrica, que se clasificaron co nome Balaenoptera brydei, en honor de Johann Bryde, cónsul noruegués e pioneiro da industria baleeira surafricana.

Na década de 1950 pensouse que se trataban dunha soa especie, co que quedou B. edeni en razón de ser a clasificación primeira e, por tanto, prioritaria, pero permaneceu rorcual de Bryde como nome vernáculo (e sinónimo).

Pero os máis recentes estudos xenéticos indican, porén, que se trataba de dúas especies diferenciadas:

Rorcual de Bryde (Balaenoptera brydei), con distribución tropical e subtropical en todos os mares, e que pesa até 26 t e alcanza os 15 m de lonxitude. Rorcual tropical (Balaenoptera edeni), que habita nas augas costeiras do leste do océano Índico e o oeste do océano Pacífico.

O rorcual de Bryde presenta considerábeis variacións morfolóxicas, e téñense identificado 5 subtipos que inclúen dúas variantes de pequeno tamaño que tenden a vivir cerca das costas. Desde o punto de vista da simplicidade taxonómica, as probas de ADN mostran que a nova especie de rorcual anano do sueste asiático non é igual á variación visualmente similar encontrada no mar Caribe. As probas complicaron a evolución do ordenamento taxonómico, xa que apareceron exemplares que mostran seren intermedios xeneticamente entre o rorcual de Bryde e o chamado rorcual boreal ou rorcual sei (Balaenoptera borealis).

Porén, na actualidade, nin o World Register of Marine Species nin a Unión Internacional para a Conservación da Natureza admiten como válidas estas dúas especies, o que si fai, en cambio, o Sistema Integrado de Información Taxonómica.Balaenoptera no ITIS

Características miniatura|210px|Vista das dobras gulares. miniatura|210px|Xibardos alimentándose.

A familia dos balenoptéridos distínguese das demais familias de misticetos pola presenza de pregaduras na garganta e na rexión ventral (as dobras gulares), que expanden enormemente a garganta cando se alimentan ao tragaren auga que se filtra polas barbas.

Todas as especies deste grupo miden máis de 10 m de lonxitude e, normalmente, son moito máis grandes. Unha delas, a balea azul, é o animal máis grande que xamais existiu sobre a Terra. Habitualmente, as femias son maiores que os machos.

Son animais de corpo longo e fino, hidrodinámico, o que lles permite movementos rápidos, e posúen de 12 a 120 dobras gulares, que posibilitan a dilatación da cavidade bucal —a modo dun acordeón— e inxerir grandes volumes de auga, da que filtran o seu alimento. Entre as outras baleas, só a balea gris posúe algo semellante, pero reducido a dous sucos curtos.

Posúen unha aleta dorsal, de forma e tamaño variábeis segundo as especies, situada sempre no terzo posterior.

O perfil do cranio, visto lateralmente, é relativamente rectilíneo e plano, coa mandíbula inferior arqueada cara a fóra. As barbas son relativamente curtas pero moi numerosas (até 500 en cada lado). Na cabeza obsérvase unha crista medial, desde a altura dos ollos até o fociño; no rorcual tropical hai 3 cristas.Canariasconservacion.org: Rorcuales en canariasconservacion.org .

A maioría das especies crían en augas temperadas durante o inverno, e logo volven ás zonas de alimentación cerca dos polos, ricas en plancto e krill, durante o curto verán polar.

Dentro deste grupo cómpre destacar, pola súa singularidade, a balea xibardo, caracterizada polas enormes aletas pectorais.

Todas as baleas desta familia, polo seu gran tamaño, foron obxecto prioritario da industria baleeira e a caza comercial á que foron sometidas levounas case á súa extinción.

En Galicia miniatura|210px|Balaenoptera borealis. miniatura|210px|Balaenoptera edeni. miniatura|210px|Balaenoptera bonaerensis. miniatura|210px|Balaenoptera omurai.

Sociedade Galega de Historia Natural A Sociedade Galega de Historia Natural menciona, na súa Lista padrón (provisoria) dos verberados de Galicia, publicada no Tomo I: O medio da Xeografía de Galicia de Pérez Alberti,Pérez Alberti, A. (dir.) (1982), p. 210. a cinco das sete especies de rorcuais, cos nomes galegos que se indican: Balaenoptera physalus — rorcual de Bryl [?] Talvez rorcual de Bryde? Balaenoptera borealis — rorcual boreal Balaenoptera acutorostrata — rorcual alibranco Megaptera novaeangliae — rorcual xibarte Sibbaldus musculus (sinónimo de Balaenoptera musculus)Natural History Museum do Reino Unido — rorcual azul Vocabulario multilingüe de Lahuerta e Vázquez Os profesores Fernando Lahuerta e Francisco X. Vázquez recollen, no seu Vocabulario multilingüe,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309. seis especies de rorcuais (o que implica que non forzosamente todas elas teñan que frecuentar, máis ou menos esporadicamente, as costas próximas a Galicia, aínda que si poidan ter nomes galegos): Balaenoptera acutorostrata — rorcual alibranco Balaenoptera musculus — rorcual azul Balaenoptera edeni — rorcual de Bryde' <ref>Véxase máis arriba a Nota taxonómica sobre o rorcual de Bryde.</ref> Balaenoptera physalis (sic, por physalus) — rorcual común Balaenoptera borealis rorcual de pintas Megaptera novaeangliae — rorcual xibardo

Guía dos mamíferos de Galicia de Díaz d'a Silva e Cartelle Pola súa parte, Díaz d'a Silva e Cartelle, na Guía dos mamíferos de Galicia,Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-134. consideran como presentes nas nosas costas, algunhas accidentalmente, ás mesmas cinco especies, aínda que con nomes galegos algo diferentes: Balaenoptera acutorostrata — balea alibranca Balaenoptera borealis — balea de pintas Balaenoptera musculus — balea azul Balaenoptera physalus — balea común Megaptera novaeangliae — balea xibardo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-0811-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-2913-8. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 978-84-85779-12-6. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7. Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berkeley, California, USA: University of California Press. ISBN 978-0-520-03973-4. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Misticetos Balénidos Caza de baleas Caza de baleas en Galicia

Ligazóns externas Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) . Sociedad para la Conservación de Ballenas y Delfines / Whale and Dolphin Conservation Society (WDCS) . FAO-OMS (1993): Marine mammals of the world .

Categoría:Balaenopteridae