Luise Rainer, nada en Düsseldorf o 12 de xaneiro de 1910 e finada en Londres o 30 de decembro de 2014,Luise Rainer, Hollywood golden era Oscar winner, dies aged 104 foi unha actriz de cinema alemá, nacionalizada estadounidense.

Traxectoria Nada nunha familia xudía de clase alta, viviu en Hamburgo e Viena. Aos dezaseis anos comezou a actuar en teatro, estudando interpretación con Max Reinhardt pouco tempo despois.

Apareceu en varios filmes austríacos antes de ser descuberta polos buscadores de talentos da Metro-Goldwyn-Mayer en 1934. Tras mellorar o seu inglés debutou en Hollywood con Escapade, remake dun dos seus filmes que fora rexeitado por Myrna Loy."How Hollywood 'Discovered' Its Latest Foreign Star" by Dan Thomas, Laredo Morning Times, 17 November 1935 p. 13

A súa seguinte película foi The Great Ziegfeld. A pesar de ter nela un papel pequeno, a súa interpretación impresionou tanto que a levou a gañar o oscar á mellor actriz protagonista. Tras este filme interveu en The Good Earth, co que tamén gañou o oscar.

Os seus seguintes filmes tiveron pouco éxito e en 1938 abandonou Hollywood. Viaxou por Europa, onde estivo axudando a nenos vítimas da Guerra Civil Española.

Á volta, aínda foi chamada para algúns filmes, pero finalmente deixou a interpretación e instalouse en Londres, onde faleceu, vítima dunha pneumonía no 2014.

Filmografía Ano Filme 1932 Sehnsucht 202 1932 Madame hat Besuch 1933 Heut' kommt's drauf an 1935 Escapade 1936 The Great Ziegfeld 1937 The Good Earth 1937 The Emperor's Candlesticks 1937 Big City 1938 The Toy Wife 1938 The Great Waltz 1938 Dramatic School 1943 Hostages 1997 The Gambler

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en Düsseldorf Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Centenarios