Paul Gabriel Marie Gourret, nado o 15 de xaneiro de 1859 en Roquevaire (Bocas do Ródano) e finado en 1903, foi un zoólogo francés recordado polos seus estudos biolóxicos da fauna mariña e polos seus traballos na industria pesqueira. Ademais tamén traballou no estudo das algas.

Traxectoria Estudou ciencias naturais na universidade de Marsella.

Foi profesor na facutade de ciencias de Lión. En novembro de 1886 foi nomeado profesor adxunto de zooloxía na facultade de medicina de Marsella. Desde maio de 1893 foi director da Estación zoolóxica de Marsella.

Foi membro de Comité asesor de Pescarías Mariñas do Ministerio de Mariña francés e, en 1902, foi nomeado cabaleiro da Lexión de honor.

Algunhas publicacións Révision des crustacés podophthalmes de golfe de Marseille suivie d'un essai de classification de la classe des crustacés, 1888 Sur les péridiniens du Golfe de Marseille, 1883 Considérations sur la faune pélagique du golfe de Marseille, 1884 Les pêcheries et les poissons de la Méditerranée (Provence), 1894.Gourret, Paul - OCLC Classify (publicacións)

Epónimos O xénero Gourretia, da familia dos Callianassidae foi denominado así no seu honor.Gourretia no WoRMS.Gourretia denticulata no WoRMS.

Abreviaturas A abrevitarura Gourret emprégase para sinalar a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Annales du Musée d'histoire naturelle de Marseille, Volume 8 Biografía.

Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados no departamento de Bocas do Ródano Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1903