Manuel Lemus Noya, alcumado Loló, nado na Ponte do Porto (Camariñas) en 1932 e finado en Barakaldo o 6 de abril de 1978, foi un policía municipal galego que faleceu asasinado por membros de ETA militar.

Traxectoria Emigrado ao País Vasco, traballaba de policía municipal en Santzurtzi. O 24 de febreiro de 1978, cando saía da súa casa de Bilbao en dirección ao traballo, foi tiroteado dende un coche. O atentado foi reivindicado por ETA militar, quen acusou o policía de pertencer os Lexionarios de Cristo, unha organización de ultradereita. Lemus Noya faleceu semanas despois do atentado, como consecuencia das feridas pulmonares recibidas.

Foi soterrado na Ponte do Porto.

Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Policías de Galicia Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes