José Antonio Pérez Rodríguez, nado en Ferrol o 13 de xullo de 1919 e finado en Madrid o 21 de xullo de 1978,foi un militar galego, asasinado por ETA.
Traxectoria Alistouse como voluntario na infantaría da Mariña Española en 1937, no bando nacional. Ascendeu a tenente de Artillaría en 1947, a capitán en 1959 e posteriormente ao grao de comandante en 1961. En 1974 conseguiu o grao de tenente coronel.
Polo seu traballo era Axudante de Campo do xeneral de brigada Juan Manuel Sánchez-Ramos Izquierdo. Tanto el como o xeneral de brigada foron tiroteados á porta da casa deste, na rúa Bristol do nordeste da cidade de Madrid, por dúas persoas. Anos despois, foi detido e condenado un home polo crime.
Galardóns e condecoracións Real e Militar Orde de San Hermenexildo Cruz Vermella do Mérito Militar Cruz de Guerra Notas
Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes