San Pedro de Redonda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Corcubión. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 213 habitantes (122 mulleres e 91homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.
Patrimonio miniatura|esquerda|200px|Igrexa parroquial e cruceiro. A igrexa parroquial de San Pedro de Redonda é románica do século XII, con pinturas tardías (século XVII) na bóveda e o muro da ábsida. A fachada que presenta un esquema pentagonal e ten un arco de medio punto apoiado no muro. A decoración exterior ten motivos vexetais. Destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz. No interior hai retablos con imaxes. Hai unha talla gótica de San Pedro duns 40 cm, e outras imaxes da Virxe das Mercés, a Virxe do Carme, San Xoán Bautista e a Virxe do Rosario. Forma conxunto co camposanto e un cruceiro.
Lugares e parroquias Lugares de Redonda
Parroquias de Corcubión
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Corcubión
Categoría:Parroquias de Corcubión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro