O Gran Premio de Austria de 1978 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 13 de agosto de 1978. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de . Levouse a cabo sobre 54 voltas para cubrir unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
Resumo da carreira O circuíto do GP de Austria estaba cheo de seareiros de Niki Lauda; pero desgraciadamente para eles Lauda clasificou só 12º, e os coches de Lotus volveron tomar a primeira fila, con Ronnie Peterson na pole. A sorpresa na cualificación foi Jean-Pierre Jabouille, quen cualificou o seu Renault turbo terceiro. O comezo viu a Peterson liderando na primeira curva, con Carlos Reutemann arrebatando o segundo posto a Mario Andretti. Andretti intentou conseguir o lugar máis tarde durante a volta, pero os dous chocaron e Andretti retirouse despois de que o seu coche batera contra as barreiras, mentres que Reutemann perdeu un par de lugares que foron para Patrick Depailler e Jody Scheckter. Na cuarta volta, caeu unha forte chuvieira sobre á pista, Reutemann trompeou e quedou varado pero os comisarios empuxaron o seu coche, xa que estaba nun lugar perigoso, mentres Scheckter estrelouse, e a carreira detívose.
A carreira reiniciouse cando parou a choiva, e unha vez máis Peterson liderou seguido de Depailler e Lauda. A medida que a pista comezou a secarse, Peterson comezou a afastarse, a Reutemann sacáronlle bandeira negra por recibir axuda externa, Lauda estrelouse pouco despois, deixando a Gilles Villeneuve terceiro. Os pilotos cambiaron a pneumáticos lisos, pero o top 3 mantivéronse así ata o final, Peterson gañou por diante de Depailler, con Villeneuve logrando o seu primeiro podio.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Ronnie Peterson Lotus-Ford 54 1:41:21.57 1 9 2 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 54 +47.44 segs 14 6 3 12 Gilles Villeneuve Ferrari 54 +1:39.76 11 4 4 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 53 +1 volta 6 3 5 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 53 +1 volta 5 2 6 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 53 +1 volta 21 1 7 2 John Watson Brabham-Alfa Romeo 53 +1 volta 10 8 30 Brett Lunger McLaren-Ford 52 +2 voltas 17 9 31 René Arnoux Martini-Ford 52 +2 voltas 26 NC 17 Clay Regazzoni Shadow-Ford 50 +7 voltas 22 NC 32 Keke Rosberg Wolf-Ford 49 +7 voltas 25 DSC 22 Derek Daly Ensign-Ford 41 Empuxado na saída 19 Ret 8 Patrick Tambay McLaren-Ford 40 Accidente 14 Ret 16 Hans Joachim Stuck Shadow-Ford 33 Accidente 23 Ret 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 31 Caixa cambios 3 DSC 11 Carlos Reutemann Ferrari 28 Empuxado na saída 4 Ret 1 Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 27 Accidente 12 Ret 3 Didier Pironi Tyrrell-Ford 20 Accidente 9 Ret 7 James Hunt McLaren-Ford 7 Accidente 8 Ret 27 Alan Jones Williams-Ford 7 Accidente 15 Ret 35 Riccardo Patrese Arrows-Ford 7 Accidente 16 Ret 23 Harald Ertl Ensign-Ford 7 Accidente 24 Ret 25 Héctor Rebaque Lotus-Ford 4 Accidente 18 Ret 29 Nelson Piquet McLaren-Ford 4 Accidente 20 Ret 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 3 Accidente 7 Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 0 Accidente 2 NSC 37 Arturo Merzario Merzario-Ford NSC 9 Jochen Mass ATS-Ford NSC 18 Rupert Keegan Surtees-Ford NSC 10 Hans Binder ATS-Ford NSCP 36 Rolf Stommelen Arrows-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Mario Andretti 54 2 Ronnie Peterson 45 3 Patrick Depailler 32 4 Carlos Reutemann 31 5 Niki Lauda 31
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Lotus-Ford 76 2 Brabham-Alfa Romeo 40 3 Tyrrell-Ford 36 4 Ferrari 35 5 Ligier-Matra 16
Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas Líderes por volta: Ronnie Peterson 44 voltas (1-18, 29-54); Carlos Reutemann 4 voltas (19-22); Gilles Villeneuve 6 voltas (23-28). Esta carreira foi a décima e última vitoria na F1 de Ronnie Peterson Gilles Villeneuve rematou no podio por primeira vez na F1 Lotus gañou o campionato de construtores a falta de catro carreiras para o final. Dos 26 participantes, 8 pilotos foran, ou serían campións do mundo. Tamén, dos 26 participantes, 21 pilotos gañaran, ou gañarían un Grand Prix.
Ligazóns externas
Austria Categoría:Gran Premio de Austria de Fórmula 1