Iana Alekseevna Kudriavtseva (en ), nada o 30 de setembro de 1997 en Moscova (Rusia), é unha ximnasta rusa. En 2013, aos 15 anos, proclamouse campioa do mundo en Kíiv, sendo a máis xove da historia en gañar un mundial. En 2014 bateu outro récord no Campionato do Mundo ao converterse na ximnasta máis nova en gañar dous títulos All-around con 16 anos, onde conseguiu unha marca total de 75,266 puntos
Vida persoal O pai de Iana, Aleksei Kudriavtsev, foi un nadador de elite que gañou unha medalla de ouro olímpica en Barcelona '92 no 4×200 m estilo libre. Súa nai, Viktoriia Kharitonova, chamouna "Anxo con ás de ferro", semellando unha bailarina na caixa das xoias cando actúa aínda ten unha inquebrantable constitución e unha forte vontade.
A pesar de lograr tanto a unha idade tan temperá, Kudriavtseva dixo sobre o seu éxito:
Notas
Categoría:Ximnastas olímpicos de Rusia Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos en ximnasia