A catedral de Santa María Inmaculada é a igrexa da cidade italiana de Alguer, ó nordés da illa de Sardeña. Foi sede do bispo de Alguer dende 1503 a 1986, cando se creou da diocese de Alguer-Bose, compartindo a sede coa Concatedral da localidade de Bosa.
A catedral ten a súa orixe no século XVI e atópase no centro histórico da cidade, do que é un dos principais monumentos.
Historia En 1503, o papa Xulio II promulgou unha bula coa que modificaba profundamente a diocese da illa, reforma promovida polo rei Fernando II. As tres pequenas dioceses de Castro, Bisarcio e Ottana uníronse e incorporaron a nova diocese de Alguer.
Alguer foi elevada á categoría de cidade o ano 1501, pero carecía dunha igrexa o suficientemente grande para acadar a categoría de catedral e os bispos da nova diocese non residiron nela ata os anos 30 do século XVI, época na que se iniciou a construción do templo sobre unha igrexa anterior, seguindo os canons do gótico catalán.
No século XVIII a igrexa decorouse cun mobiliario típico barroco de mármore. Xa no século XIX (1862) construíuse unha nova fachada neoclásica.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns exterenas Información da Catedral de Alguer
Categoría:Catedrais de Italia Categoría:Sardeña Alguer