+Algúns poliedros120px|DodecaedroDodecaedro(Poliedro regular)120px|Pequeno dodecaedro estreladoPequeno dodecaedro estrelado(Poliedro de Kepler-Poinsot)120px|IcosidodecaedroIcosidodecaedro(Poliedro arquimediano)120px|Prisma estrelado Prisma estrelado(Poliedro uniforme)120px|Triacontaedro rómbicoTriacontaedro rómbico(Poliedro de Catalan)120px|HebesfenomegacoronaHebesfenomegacorona(Poliedro de Johnson) Un poliedro é un corpo xeométrico cuxa superficie se compón dunha cantidade finita de polígonos planos. Os seus elementos notables son a cara ou faceta que é a porción de plano que limita o corpo, a aresta onde se atopan dúas caras, e o vértice onde se atopan tres ou máis arestas. Aínda que sempre se concibiu o poliedro coma un corpo de tres dimensións, tamén hai semellantes topolóxicos en calquera dimensión; por exemplo, o polígono é o semellante topolóxico de dúas dimensións do poliedro. Todas estas formas son coñecidas como politopos.
A verba poliedro deriva do grego πολύεδρον (πολύς, polís = "moitas" i ἕδρα, hédra = "face, cara"). Moitos obxectos microscópicos naturais (moléculas, protozoos, virus, etc.) teñen unha forma ou simetría poliédrica. Os cristais pódense presentar deste xeito, mesmo a escala microscópica.
Véxase tamén
Outros artigos Poliedro regular Sólido arquimediano Polígono
Categoría:Poliedros