Kemal Kılıçdaroğlu, nado en Ballıca o 17 de decembro de 1948, é un político socialdemócrata turco, dirixente do Partido Republicano Popular (CHP) e líder da oposición desde 2010.
Traxectoria Naceu nunha aldea do distrito de Nazımiye na provincia de Tunceli, no leste de Turquía. Seu pai fora un dos milleiros de exiliados alevís tras do fracaso da Rebelión Dersim."The Turkish opposition: Gandhi's rise" The Economist, 28 de abril de 2011. Kemal realizou estudos primarios e secundarios en varios lugares como Erciş, Tunceli, Genç e Elazığ, graduándose en 1971 en economía na Academia de Economía e Ciencias Comerciais de Ankara.
Carreira profesional Logo de rematar os seus estudos, Kemal Kılıçdaroğlu entrou no ministerio de finanzas e pasou un ano en Francia para perfeccionarse profesionalmente. Nomeado en 1983 vicedirector xeral do departamento de recursos públicos do ministerio, en 1991 converteuse en director xeral da seguridade social turca,"Nazımiyeli ailenin okuyan tek çocuğu", Radikal, 23 de maio de 2010Biografía do líder do partido , chp.org.tr, 11 de xaneiro de 2011., posto no que parmaneceu ata 1999, retirándose para entrar en política.
Actividade política En 1999 a prensa refereríase a miúdo a Kılıçdaroğlu como a estrela do Partido da Esquerda Democrática (DSP), afirmándose que sería candidato do DSP nas eleccións xerais de 1999. Malia todo non se propuxo a súa candidatura e mentres dirixía a seguridade social, o líder do CHP Deniz Baykal convidouno a unirse ao seu partido, e Kılıçdaroğlu aceptou.
Parlamentario Tras as eleccións de 2002 entrou no parlamento como deputado por Istanbul, reelixido en 2007, converténdose no voceiro segundo do seu grupo parlamentario. Kılıçdaroğlu foi o candidato á alcaldía de Istanbul polo CHP nas eleccións locais de 2009, quedando segundo por tras Kadir Topbaş cun 37% dos votos miniatura|235x235px|Kılıçdaroğlu nunha visita a Washington en decembro de 2013 Líder do CHP Deniz Baykal, histórico líder do CHP deixou o seu posto o 10 de maio de 2010 logo dun escándalo cunha fita de vídeo. Kılıçdaroğlu anunciou o seu interese en substituílo, así e todo o Comité Executivo do partido amosouse partidario de reelixir a Baykal,<ref>"Kılıçdaroğlu announcement splits Turkish opposition party", Hurriyet, 17 de maio de 2010. </cite></ref> mais logo de Kılıçdaroğlu recibir o apoio de 77 dos 81 presidentes provinciais do seu partido, Baykal decidiu non presentar a súa candidatura,"Kılıçdaroğlu receives broad support from party base", Hurriyet, 18 de maio de 2010. e a candidatura de Kılıçdaroğlu logrou as sinaturas de 1246 dos 1,250 delegados, unha marca non superada no CHP."CHP'de tarihi kurultay". Haber Turk, 22 de maio de 2010. Na convención os delegados elixírono por unanimidade, con 1189 votos a favor, e nove nulos."Kemal Kılıçdaroğlu new leader of opposition Party CHP" National Turk, 22 de maio de 2010.
Líder da oposición Kılıçdaroğlu converteuse en xefe oficial da oposición o22 maio de 2010 ao liderar o segundo partido na Grande Asemblea Nacional. A súa primeira campaña como líder do CHP e da oposición foi o referendo constitucional do 12 de setembro de 2010, para o que empregou a táctica de boicotear o seu proceso parlamentario, mais como para se realizar o referendo era preciso a aprobación de 330 parlamentarios, e o goberno tiña 336, non puido evitar a celebración do referendo. Kılıçdaroğlu fixo campaña polo non ás propostas e elevou aos tribunais o proceso de votación parlamentario alegando irregularidades técnicas pero o Tribunal Constitucional deulle validez á votación e o 57.9% dos electores votaron a favor e o 42.1% en contra."Why Turkey's constitutional referendum matters", BBC News, 11 de decembro de 2010
As eleccións lexislativas de 2011 foron as primeiras nas que Kemal Kılıçdaroğlu participou como o dirixente do CHP, e o seu partido recibiu case o 26% dos votos mellorando máis de cinco puntos en relación ás anteriores, non obstante nas eleccións de xaneiro de 2015 baixou un punto quedando con case o 25%.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
Ligazóns externas Conta oficial de Facebook
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados na provincia de Tunceli Categoría:Políticos de Turquía