Michael "Mike" Figgis, nado en Carlisle (Cumberland) o 28 de febreiro de 1948 é un director, guionista e compositor inglés.
Traxectoria Nado en Inglaterra, viviu en Nairobi, Kenya ata os oito anos. O resto da súa infancia pasouna en Newcastle upon Tyne. O seu primeiro interese artístico foi a música, e tocou o teclado na primeira banda de Bryan Ferry. En 1983 dirixiu con grande éxito unha obra de teatro no teatro Gerard-Philipe en Saint-Denis (París).
Tras traballar no teatro (foi músico e actor no grupo experimental People Show) dirixiu o seu primeiro filme con baixo orzamento Stormy Monday en 1988. O filme deulle sona como director de actores e na década de 1990 dirixiu en Hollywood o suspense Internal Affairs, que axudou a revivir a carreira de Richard Gere. Tralo fracaso de Mr. Jones, que foi malentendido polo estudio, mostrou o seu desencanto coa industria cinematográfica en Leaving Las Vegas.
A tecnoloxía dixital levouno a concibir e dirixir Timecode, filme rodado simultaneamente con catro cámaras nunha toma.
Desde 2008 foi profesor de estudos cinematográficos na European Graduate School en Saas-Fee, Suíza, onde dirixe seminarios intensivos no verán.
Filmografía The House (1984) Stormy Monday (1988) Internal Affairs (1990) Women & Men 2: In Love There Are No Rules (1991) Liebestraum (1991) Mr. Jones (1993) The Browning Version (1994) Leaving Las Vegas (1995) Flamenco Women (1997) One Night Stand (1997) The Loss of Sexual Innocence (1999) Miss Julie (1999) Timecode (2000) Hotel (2001) The Battle of Orgreave (2001) Ten Minutes Older: The Cello (2002) Segment: About Time 2 The Blues (2003) – Episode: Red, White, And Blues Cold Creek Manor (2003) The Sopranos – Episodio: Cold Cuts (2004) Co/Ma (2004) Love Live Long (2008) The Co(te)lette Film (2010) Suspension of Disbelief (2012)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista en xullo de 2009 Mike Figgis Faculty page at European Graduate School (Includes biography, filmography, photos and video lectures)
Digital Filmmaking book A short film for Agent Provocateur Interview Mike Figgis judged the Film of the Month competition in January 2009 on the independent filmmakers networking site Shooting People.
Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Guionistas do Reino Unido Categoría:Nados en Cumbria Categoría:Nados en 1948