O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.
Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto,|dataacceso=2 de novembro de 2015}} 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.
Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.
Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior ó municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.|data=26 de outubro de 2015|autor=Xefatura do Estado|outros=BOE-A-2015-11508. Depósito legal: M-1/1958|páxinas=100849-100854|issn=0212-033X|editorial=Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado}}
O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.
No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu un, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).
Convocatoria En outubro de 2015 o presidente de goberno de España, Mariano Rajoy anunciou nunha entrevista televisada que esgotaría os prazos legais para a convocatoria das eleccións, e que estas se celebrarían o 20 de decembro de 2015, catro anos e un mes despois das anteriores. O decreto de disolución das Cortes publicouse o 27 de outubro de 2015, co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funciónsBOE do 27 de outubro de 2015, Boletín Oficial del Estado.. Desde 1920 non se celebraban unhas eleccións xerais en España no mes de decembro. Na historia da democracia española, só se celebraran eleccións en decembro nas autonómicas galegas de 1989.
Nestas eleccións anováronse 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. As eleccións Xerais non coincidiron con ningún outro comicio. Con respecto ás anteriores eleccións, a circunscrición de Cádiz gaña un deputado que perdera nas eleccións anteriores, ao igual ca Málaga, mentres que Jaén e circunscrición de Valencia perden cadanseu deputado. En Galicia escóllense 23 deputados: oito pola circunscrición electoral da Coruña, 7 pola de Pontevedra, e catro polas de Lugo e Ourense, respectivamente.
O número e distribución dos senadores elixidos directamente mantense igual dado que están fixados pola Constitución. Tamén se mantén o número de senadores elixidos polos parlamentos autonómicos. Galicia escolle 16 senadores, catro por circunscrición, aos que hai sumarlles os tres designados polo Parlamento de Galicia e que se corresponden con 2 polo Partido Popular (Henrique López Veiga e Juan Manuel Jiménez Morán) e 1 polo PSdeG-PSOE (Paula Fernández Pena).
Sistema electoral
A lexislación que no 2015 regula os procesos electorais en España consiste nas seguintes normas: A Constitución. A Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (LOREG). Lei Orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, del Réxime Electoral Xeral.Ley Orgánica 2/2011, de 28 de enero, por la que se modifica la Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General
Congreso dos Deputados A Constitución establece que o Congreso dos Deputados, elixido cada cada anos, componse dun mínimo de 300 e dun máximo de 400 deputados, elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral do Congreso é a provincia –Ceuta e Melilla son consideradas circunscricións para todos os efectos–. O número total de deputados está fixado pola LOREG –350 deputados–, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición –2 deputados; 1 no caso de Ceuta e Melilla– e distribuíndo os 248 restantes en función da poboación de dereito. A elección verificarase en cada circunscrición atendendo a criterios de representación proporcional.Artigo 68.3 da Constitución Española de 1978
Non se teñen en conta aquelas candidaturas que non houberan obtido, polo menos, o 3% dos votos válidos emitidos na circunscrición. Os representantes asígnanse segundo o sistema d'Hondt. Considérase voto válido todo aquel dado a unha candidatura ou emitido en branco, pero non o voto nulo.
Acúsase á división en circunscrición provincial de prexudicar seriamente aos partidos pequenos e aos medianos cuxa distribución no estea concentrada territorialmente.http://www.readyfortomorrow.com/el-sistema-electoral-en-espana-y-la-exclusion-de-las-minorias/ Reflexión sobre el sistema Electoral español A porcentaxe mínima de votos do 3 % para considerar unha candidatura só ten implicacións prácticas nas circunscricións grandes nas que se elixen un gran número de deputados. no resto ese mínimo non inflúe na adxudicación de escanos.
A distribución e número de deputados para as eleccións de 2015 quedaron fixados do seguinte xeito: Circunscrición Diputados Mapa Madrid 36 400px Barcelona 31 Valencia 15 Alacant e Sevilla 12 Málaga 11 Murcia 10 Cádiz 9 Asturias, Baleares, A Coruña, As Palmas e Biscaia 8 Granada, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife e Zaragoza 7 Almería, Badaxoz, Córdoba, Xirona, Guipúscoa, Tarragona e Toledo 6 Cantabria, Castelló, Cidade Real, Huelva, Xaén, León, Navarra e Valladolid 5 Araba, Albacete, Burgos, Cáceres, Lleida, Lugo, Ourense, A Rioxa e Salamanca 4 Ávila, Cuenca, Guadalaxara, Huesca, Palencia, Segovia, Teruel e Zamora 3 Soria 2 Ceuta e Melilla 1 As Circunscricións de Cádiz e Málaga elixen un deputado máis que nos anteriores comicios, mentres que as de Xaén e Valencia elixen un menos.
Senado De acordo coa Constitución, o Senado de España é unha Cámara de representación territorial. Ademais dos 206 senadores que son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, os órganos lexislativos das comunidades autónomas designan un senador e outro por cada millón de habitantes, conformando así un total de 261 senadores. A distribución e número de senadores para as eleccións de 2015 quedaron fixados do seguinte xeito: Circunscrición Senadores Circunscrición provincial 4 Gran Canaria, Mallorca e Tenerife 3 Eivisa-Formentera, Menorca, Fuerteventura, La Gomera, El Hierro, Lanzarote e La Palma 1
Preparación das candidaturas e candidatos Os partidos políticos foron anunciando os seus respectivos candidatos electorais en outono de 2015. Os cambios políticos sucedidos nos catro anos anteriores provocaron un gran número de trocos tamén nos nomes e composición das principais candidaturas, especialmente no espazo da esquerda e das formacións nacionalistas. Algúns destes pactos seláronse unicamente días antes de que rematase o prazo para presentárense candidaturas.
Principais coalicións O Partido Popular presentouse en coalición con Unión do Pobo Navarro en Navarra. O acordo asinado polas dúas formacións outorgaríalle a UPN os dous primeiros elixidos no Congreso, mentres que o PP encabezaría a lista ao Senado. Nas anteriores eleccións, o PP obtivera 1 escano e UPN outro.
Tamén o Partido Popular se presentou en coalición co Foro Asturias nesa provincia, onde para o partido asturiano lle corresponderían o número 2 do Congreso e o número 3 do Senado. Nas anteriores eleccións, o PP obtivera 3 deputados e Foro 1, mentres que o PP obtivera tamén 3 senadores por ningún do Foro.
En Aragón o PP e o PAR tamén se presentaron en coalición ás eleccións, reeditando o pacto que acadaran nos comicios de 2011. Polo acordo de 2011, o PAR non obtivera inicialmente ningún deputado, aínda que conseguiu acceder ao Congreso dos Deputados cunha deputada que ía de segunda suplente nas listas de Teruel. En 2015, o PAR tampouco aspirou a postos de saída ao Congreso (6º por Zaragoza, 3º por Teruel e suplente por Huesca), mais colocou dous candidatos en teóricos postos de saída para o Senado por Huesca e Zaragoza.
O Partido Socialista Obrero Español presentouse en coalición con Nueva Canarias nas dúas circunscricións canarias. Deste xeito, Nueva Canarias terá o candidato número 2 das Palmas e o 4 de Tenerife. O PSOE obtivera nos pasados comicios dous deputados por cadansúa provincia.
Podemos coaligouse en xeral, en toda España, con Equo, que achegou dous cabezas de lista, en Huesca e en Araba (Juantxo López de Uralde). Territorialmente figurou en coalición con Barcelona en Comú, con Iniciativa per Catalunya e con Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña, coalición que se denominou En Comú Podem, e con Compromís na Comunidade Valenciana. Ademais, tamén foi integrante, a canda outras forzas, da coalición En Marea en Galicia.
A marca Unidad Popular é o nome co que concorrerá Izquierda Unida en moitas das circunscricións españolas, acompañada de organizacións como Chunta Aragonesista, Izquierda Asturiana, Batzarre, Construyendo la Izquierda - Alternativa Socialista, Izquierda Castellana, Segoviemos ou Entre Tod@s sí se Puede Córdoba. Así, en función das circunscricións, irán candidatos das distintas formacións (p.ex. en Zaragoza o segundo de lista foi da Chunta Aragonesista). Tamén concorrerá como integrante da coalición En Marea a canda Podemos, ANOVA e outras formacións galegas, e en Cataluña como En Comú Podem.
Democracia e Liberdade integrou a CDC, Demócratas de Cataluña e Regrupament.
Bildu é unha coalición electoral que integra a Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba, Sortu e outros independentes do movemento abertzale. Preséntase nas tres provincias vascas e mais Navarra. Antigamente chamábanse Amiaur.
Esquerra Republicana de Catalunya presentouse en coalición con Cataluña Si.