Fátima Balsa Díaz, nada en Ourense en 1956, é unha enfermeira e política galega.

Traxectoria Licenciouse en Psicoloxía e traballa como auxiliar de enfermería no SERGAS.

Afiliada a Cidadáns - Partido da Cidadanía, participou no proceso de primarias da formación para encabezar a lista á alcaldía de Ourense en 2015. No proceso, onde había dous candidatos máis, non saíu elixida, e ao final a formación centrista non presentou candidatura ás eleccións locais.

Meses despois volveu concorrer ao proceso de primarias na provincia de Ourense para encabezar a lista de Cidadáns ao Congreso dos Deputados. Logrou imporse ao outro candidato, o empresario Benito Iglesias, e liderou polo tanto a candidatura nas eleccións ao Congreso de 2015.

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes