O Cù-Sìth (en plural Coin-Sith) é un ser mitolóxico de Escocia, semellante ao Cú Sidhe irlandés e que tamén presenta algunhas semellanzas co Cŵn Annwn galés.
Aparencia Segundo o folclore escocés, o Cù-Sìth ten o tamaño dun touro novo e o aspecto dun lobo. A súa pel é peluda, normalmente dunha cor verde escura aínda que ás veces aparece descrito como branco. O rabo é longo e tanto pode aparecer enrodelado como entrenzado. As súas gadoupas teñen o tamaño da man dun home.Eberhart, George M. (2002). Mysterious creatures : a guide to cryptozoology. Oxford: ABC-Clio. p. 116. ISBN 1-57607-283-5.
Habita nas físgoas das rochas nas Highlands, e mais tamén erra entre as gándaras e as terras altas.
Actividade O Cù-Sìth era temido como un arauto de morte, encargado de levar a alma dunha persoa para o alén, de xeito similar ao Bean Sidhe, ou banshee, do folclore irlandés.
Segundo a lenda, a criatura era capaz de cazar silandeiramente, mais ocasionalmente emitía tres fortes e aterradores ladridos que se podían oír en quilómetros de distancia, os que os oíren tiñan que procurar refuxio antes do terceiro ou podían morrer de espanto. Campbell, J. G. (1900). Superstitions of the Highlands and Islands of Scotland: Collected Entirely from Oral Sources. Maclehouse. pp. 30–32.
Notas
Categoría:Mitoloxía escocesa Categoría:Tuatha Dé Danann