Santa Baia de Nantes é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 813 habitantes no ano 2025, dos que 405 eran mulleres e 408 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 758 veciños, e 2009, cando eran 793.
Xeografía É a única parroquia do concello que carece de costa. Linda ó norte e ó leste con Meaño, ó oeste coas parroquias de Gondar e Adina e ó sur coa de Padriñán. A superficie da parroquia é de 4,3 km², distribuída en 15 entidades de poboación.
Nantes está cruzada de norte a sur pola autovía AG-41, que deixa á súa beira o Parque Empresarial de Nantes, duns 650.000 m²."El polígono fantasma" (Faro de Vigo, 20.10.2013). No censo anual do IGE referido a 2025, este polígono industrial figura como lugar propio, baixo o nome de "Parque Empresarial de Nantes", pero non consta número de habitantes.
Patrimonio O actual templo parroquial foi levantado en 1965, deseñada por Alejandro de la Sota, sobre o terreo que ocupaba a igrexa anterior, románica, da que non quedan restos. No patio da igrexa consérvanse sepulcros antropomorfos atopados durante as obras de construción.
No lugar do Santo hai unha pequena capela construída en 1591, dedicada ó frade franciscano Xoán de Navarrete (1488-1528), considerado santo e a quen disque fai alusión o topónimo O Santo. Segundo a lenda tecida ó seu redor, frei Xoán faleceu aquí tras caer dun asno cando volvía ao convento de San Francisco de Pontevedra (onde está soterrado) despois de dar misa en Adina. Na fachada da capela loce un escudo coa imaxe de dous bois, que lembra a xugada que doou o abade para traer a pedra necesaria para a construción da capelaGran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, t. 40, px. 163..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Nantes
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do concello de Sanxenxo Igrexa de Santa Baia de Nantes
Outros artigos Lugares de Sanxenxo
Categoría:Parroquias de Sanxenxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia