San Xenxo de Padriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 4.140 habitantes no ano 2025, dos que 2.101 eran mulleres e 2.039 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 3.732 veciños, e 2009, cando eran 3.731.
Xeografía Limita ó norte coa parroquia de Nantes, ó oeste coa de Adina, ó leste coa de Bordóns e ó sur coa ría de Pontevedra. A parroquia ten unha superficie de 5,3 km2, distribuída en 13 entidades de poboación.
A capital municipal, Sanxenxo, localízase nesta parroquia.
Patrimonio A igrexa de San Xes de Padriñán é de estilo gótico mariñeiro, do século XV, como corresponde coa longa serie de igrexas que as ordes mendicante ergueron ó longo da costa durante os séculos XIV a XVI. Consta dunha soa nave de planta rectangular, e ábsida, máis estreita que a nave, dunha soa capela. A capela é rectangular, con arco apuntado na entrada e bóveda de cruzaría estrelada. A fachada principal, occidental, foi modificada nalgún momento, e presenta sobre a porta a imaxe da Virxe do Carme co Meniño no colo. Máis arriba, un pequeno rosetón.
miniatura|esquerda|300px|Capela da Virxe da Soidade
No interior da igrexa descubriuse no ano 2016 un conxunto de pinturas murais na capela da familia De la Maza, que recollen diferentes momentos da Paixón de Xesús. Foron datadas no século XVIII.
En 1965 comezou a construírse o chamado Templo Novo, cuxas obras remataron en 1976, e que hoxe funciona como igrexa parroquial. É a igrexa máis moderna e de maior capacidade do municipio e o seu arquitecto foi Joaquín Robles Echenique. Está construído en pedra, co tellado de lousa. Ten planta hexagonal e cuberta en chanzos, coa particularidade de que en cada nivel os hexágonos xiran respecto ó anterior. No interior da igrexa destaca a gran cruz do altar maior.
Na parroquia está tamén o pazo de Miraflores.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Padriñán
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do concello de Sanxenxo Igrexa de San Xes de Padriñán Igrexa parroquial de Sanxenxo ou Templo Novo
Outros artigos Lugares de Sanxenxo
Categoría:Parroquias de Sanxenxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xenxo