Celestino Carbia Campaña, nado en Valga en 1897 e fusilado en Pontevedra o 11 de maio de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Carbia Fariña, foi fundador do Sindicato Agrario de Cordeiro e impulsor do cooperativismo. Coa ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Valga a partir do 9 de marzo de 1924 xunto ao seu pai Francisco Carbia. Porén ambos dimitiron do cargo un ano despois como “protesta ante a forma en que se efectuou a segregación da freguesía de San Xulián de Requeixo para constituír o Concello de Pontecesures”. Logo das elección de 1931 foi concelleiro de Valga e tenente de alcalde. Asumiu a alcaldía ao renunciar Maximino Mosquera por problemas de saúde. Foi alcalde de Valga até 1933. Presidente de Izquierda Republicana de Valga,El País, 11-2-1935, p. 2. foi reposto como alcalde despois do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar foi condenado a pena de morte e fusilado en Pontevedra o 11 de maio de 1937. Soterrado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, a súa familia logrou traer os seus restos en 1977 ao cemiterio de Cordeiro.

Querela arxentina contra os crimes do franquismo A súa familia sumouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Alcalde, republicano, asasinado" Praza, 5/5/2016.

Categoría:Alcaldes de Valga Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Valga Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1898 Categoría:Fusilados Categoría:Políticos de Izquierda Republicana