miniatura|270x270px|Ecgberht: retrato imaxinario, realizado por un artista descoñecido. Descoñécese a súa aparencia verdadeira. Ecgberht (Egbert, Egberto Ecgbert), nado c. 770 e finado en xullo de 839, foi rei de Wessex desde 802 até a súa morte. Baixo o seu reinado, Wessex converteuse no máis poderoso dos reinos anglosaxóns, derrocando a supremacía de Mercia. Foi chamado Bretwalda ("gobernante de Britania"). O seu neto Alfredo o Grande foi o primeiro en usar o título de "rei dos anglosaxóns".
Traxectoria
Familia Os historiadores discrepan sobre a ascendencia de Ecgberht. A primeira versión da Crónica anglosaxoa, a Crónica de Parker, comeza cun limiar xenealóxico que rastrea a ascendencia do fillo de Ecgberht, Æthelwulf, a través de Ecgberht, Ealhmund (que se cre que es Ealhmund de Kent), e os descoñecidos Eoppa e Eafa até Ingild, irmán do rei Ine de Wessex , quen abdicou do trono no 726 e continúa até Cerdic, fundador da Casa de Wessex.
A descendencia de Ecgberht dende Ingild foi aceptada por Frank Stenton aínda que non a continuidade da xenealoxía anterior de , pero no la genealogía anterior até Cerdic.Stenton (1971), pp. 65–66 Por outra banda, Rory Naismith consideraba que a orixe de Kent era pouco probable, e que é máis probable que "Ecgberht nacese dunha poboación real de Wessex".Naismith (2011), p. 16
O ano 825, a Crónica anglosaxoa afirma que Ecgberht enviou ao seu fillo Aethelwulf a Kent para recuperar os territorios que lle correspondían por dereito familiar. O pai de Ecgberht chamábase Ealhmund e atópase un homónimo Ealhmund, rei de Kent, nunha carta datada o ano 784, que é identificado co pai de Ecgberht, nun anexo posterior á Crónica datado no ano 784. É posíbel, con todo, que a Crónica de 825 se refira a algunha reclamación por Ine de Wessex, de cuxo irmán Ingeld, Ecgberht foi descendente.
Seguindo coa conquista de Kent, Ecgberht emitiu unha carta como rei dos saxóns occidentais e dos habitantes de Kentanglo-saxons.net.
Despois do asasinato do rei Cynewulf de Wessex en 786, Ecgberht pode disputar a sucesión, pero o trono foi para Beorhtric, un aliado de Offa de Mercia. Ecgberht marchou ao exilio ao ser expulsado por Offa e Beorhtric, probabelmente en 789. Durante este período viviu cos francos no continente, e aínda que se di que durou tres anos, algúns historiadores suxeriron que este lapso realmente pode durar trece anos (789-802), co que se explicaría o paradoiro de Ecgberht durante todo o período que precedeu á morte de Beorhtric.
Beorhtric gobernou suxeito aos reis mercianos (Offa e, desde 796, Coenwulf) e Ecgberht, probabelmente, buscou maior independencia para Wessex.
Reinado Recoñecido este como rei polos saxóns occidentais á morte de Beorhtric en 802, pero o mesmo día do seu ascenso ao trono, Æthelmund, conde de Hwicce, conduciu unha incursión a Wessex. Æthelmund foi derrotado e asasinado por Weoxtan, conde de Wiltshire, quen tamén perdeu a vida nesta batalla.
En 815 Ecgberht devastou todos os territorios dos galeses occidentais, que probabelmente neste tempo non incluían moito máis que Cornualla; probabelmente, desde o seu reinado, Cornualla pode ser considerado suxeito a Wessex.
O seguinte acontecemento importante no reinado foi a derrota de Beornwulf de Mercia nun lugar chamado Ellandun en 825. Despois desta vitoria, Kent, Surrey, Sussex e Essex sometéronse a Wessex, mentres os anglos do leste, quen se levantaron contra o reinado dos mercianos e volvéronse bruscamente cara a Beornwulf pouco despois, recoñeceron a Ecgberht como señor. Para consolidar estas conquistas, en 827 fundábase o reino de Inglaterra.
En 829 o rei conquistou Mercia e Eanred de Northumbria aceptouno como señor despois de rexeitarse a pelexar contra el en Dore (hoxe un suburbio de Sheffield). En 830 liderou unha exitosa expedición contra os galos e ese mesmo ano, Mercia recobrou a súa independencia baixo a rexencia de Wiglaf, aínda que non existe certeza sobre a orixe desta independencia, unha rebelión ou resultado dunha concesión de Ecgberht a Wiglaf. En 836 Ecgberht foi derrotado polos daneses, pero en 838 gañou unha batalla contra eles e os seus aliados, os galeses do oeste en Hingston Down en Cornualla.
Matrimonio e descendencia Ecgberht casou con Redburga, unha princesa franca (posibelmente unha irmá ou cuñada do emperador Carlomagno) e tiveron dous fillos, Aethelwulf de Wessex e Aethelstan de Kent, e unha filla, Milia de Wessex que casou con Rodrigo Romaes, neto de Froila I e sobriño de Afonso II.
Falecemento Morreu aproximadamente no ano 839 e foi sepultado na antiga igrexa de Winchester. Varios cofres mortuorios que contiñan os ósos dos reis de Wessex e Inglaterra foron transferidos á súa nova localización na Catedral de Winchester o século XI. Durante a Guerra civil inglesa, os soldados parlamentarios vertieron os ósos de Ecgberht e outros reis e utilizáronos para crebar as xanelas da igrexa. Os ósos revoltos foron recolocados nos cofres. Pero é imposíbel distinguilos sen un exame forense (agora hai catro cranios no cofre de Ecgberht xunto a outros ósos).
Foi sucedido polo seu fillo, o rei Aethelwulf de Wessex.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Bretwalda.
Categoría:Finados en 839 Categoría:Nados en 770 Categoría:Reis de Wessex Categoría:Bretwaldas Categoría:Casa de Wessex