Juan Gallego Abeledo, coñecido como Buzo ou Comandante, nado nos Casás (Meá, Mugardos) o 24 de decembro de 1923 e finado en Silán (Muras), o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego. Traxectoria Fillo de Manuel Gallego Durán e irmán de María Gallego Abeledo, comisaria política do destacamento Enrique Líster. Enlace da guerrilla, foi denunciado en 1948 por Alejo Pablo Mora García, un infiltrado da Garda Civil, e procesado na causa 40/48 por prestar auxilio a partidas armadas xunto con Antonio Barreiro Ruiz, Manuel Bastida Franco, José Beceiro Fernández, Sol Bertalo Blanco, Rosa Caridad Basas, Jaime Castro Rodríguez, Francisco Castro Roibal, José María Díaz Díaz, Antonio Díaz Pérez, Vicente Díaz Veiga, Emilio Domínguez Cubero, María Dopico Aneiros, José Dopico García, Constantino Fernández Rosado, José González Díaz, Francisco Graña Sequeiros, Germán López Rodríguez, Benito Paz Teijeiro, José Piñón Paz, Gerardo Pita López, Francisco Ponte Cabana, Alfonso Prados Pita, Francisco Ramos Calvet, Marcelino Rodríguez García, Manuel Rodríguez Sánchez, Daniel Romero López, Juan Romero Ramos, Antonio Sabín Prieto, Emilio Sande López, Silvestre Sanz García, Severino Suárez Ríos e Manuel Vázquez Rodríguez.
Integrouse en 1948 na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Membro do destacamento Arturo Cortizas, foi tamén responsable do destacamento Segundo Villaboy desta agrupación. Foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Celia González Pernas, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en 1923 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes