A Real Irmandade das Sete Palabras é unha das oito confrarías que existen na Semana Santa de Viveiro. Ten a súa sede na igrexa de San Francisco, en Viveiro.

Historia A Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario e a Venerable Orde Terceira Franciscana compartiron durante máis de dous séculos a organización dos desfiles procesionais da Semana Santa viveirense, ata que, a partir do ano 1944, se incorporou a Confraría do Santísimo Cristo da Piedade.

Da Confraría da Piedade xurdiron diversas filiais. A primeira foi, no ano 1947, a Irmandade do Prendemento, seguida en 1951 pola Irmandade das Sete Palabras e, finalmente, en 1953, pola Irmandade da Santa Cruz.

En 2017, o rei Filipe VI de España converteuse en irmán maior honorífico da Irmandade das Sete Palabras.

Pasos procesionais A Irmandade das Sete Palabras conta cos seguintes pasos procesionais:

O Calvario (1945-1952). A Resurrección (2005-2008). Nosa Señora a Santísima Virxe do Camiño da Luz (2013).

Procesións Durante a Semana Santa de Viveiro, a Irmandade das Sete Palabras encárgase de realizar ou participar nos seguintes actos e procesións:

Vía Crucis dos Homes (Mércores Santo). Sermón das Sete Palabras (Venres Santo). Procesión da Paixón (Venres Santo), como participante. Procesión do Vía Lucis (Domingo de Resurrección).

Estandarte O estandarte da Irmandade das Sete Palabras foi confeccionado polas monxas Concepcionistas de Viveiro e data do ano 1951. O seu tecido é de veludo azul escuro, con grandes bordados en fío dourado. Uns sinxelos motivos ornamentais trazan os dous ángulos superiores a modo de cartela e prolónganse por ambos os lados en dirección á punta.

A decoración, con motivos vexetais, debuxa unha gran cruz, en cuxo centro se colocan os elementos da Paixón de Cristo: a cruz latina, rodeada pola coroa de espiñas e atravesada por dúas lanzas en cruz. Todo o conxunto está decorado cunhas liñas que simulan escintileos. No reverso do estandarte aparece bordada igualmente en fío dourado a inscrición «Irmandade das Sete Palabras», así como a data de confección en números romanos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Semana Santa de Viveiro Historia da Semana Santa de Viveiro Venerable Orde Terceira Franciscana Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario Confraría do Santísimo Cristo da Piedade Irmandade do Prendemento Irmandade da Santa Cruz Confraría do Nazareno dos de Fóra Confraría da Misericordia

Categoría:Semana Santa de Viveiro