O quechua do sur ou quechua sureño é a máis amplamente falada variedade das mutuamente intelixibles linguas da familia quechua, con máis de 6,9 millóns de falantes. Tamén é a lingua indíxena máis falada do Novo Mundo. O termo quechua do sur refírese as variedades quechuas das rexións meridionais dos Andes, nunha liña leste-oeste entre as cidades de Huancayo e Huancavelica, no Perú central. Inclúe as variedades quechuas faladas nas rexións de Ayacucho, Cuzco e Puno no Perú, en gran parte de Bolivia e en partes do noroeste da Arxentina.

Véxase tamén

Outros artigos Lingua quechua Bibliografía Cerrón-Palomino, Rodolfo (1994): Quechua sureño, diccionario unificado quechua–castellano, castellano–quechua [Southern Quechua, Quechua–Spanish, Spanish–Quechua Unified Dictionary]. Lima, Biblioteca Nacional del Perú. Antonio Cusihuamán (1976): Diccionario Quechua Cuzco-Collao [- Castellano y vice versa]. Ministerio de educación del Perú

Categoría:Linguas quechuas Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas de Bolivia Categoría:Linguas de Chile Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas aglutinantes