Dino Paul Crocetti, nado en Steubenville (Ohio) o 7 de xuño de 1917 e finado en Beverly Hills o 25 de decembro de 1995 foi un actor e cantante estadounidense, coñecido como Dean Martin. Está considerado un dos máis influente artistas do século XX, tanto na música como na televisión e o cinema.

Traxectoria Martin era un integrante da "Rat Pack", grupo de amigos formado por Frank Sinatra, Sammy Davis, Jr., Peter Lawford e Joey Bishop que realizaron actividades artísticas en conxunto durante a década de 1960. É bastante recoñecido polo enorme éxito da súa parella con Jerry Lewis.

No seu velorio había unha bandeira italiana e estaba Jerry Lewis, mais ningún membro de The Rat Pack. Frank Sinatra alegou estar enfermo e Sammy Davis Jr. falecera en 1990. Foi sepultado no Westwood Village Memorial Park Cemetery.

Vida persoal Dean Martin casou tres veces. A súa primeira esposa foi Elizabeth Anne "Betty" McDonald. Martin e Betty tiveron catro fillos: Stephen Craig Martin (nado en 1942), Claudia Dean Martin (nada en 1944), Barbara Gail Martin (nada en 1945) e Deana Martin (nada en 1948).

A segunda esposa do Dean Martin foi Jeanne Biegger. O casamento durou 24 anos (1949-1973) e a parella tivo tres fillos: Dean Paul Martin (1951-1987), Ricci James (1953) e Gina Caroline (1956).

O terceiro casamento de Dean Martin foi con Catherine Hawn, e durou tres anos. Martin adoptou a filla de Catherine, Sasha Hawn.

A morte prematura do seu fillo Dean Paul nun accidente de aviación fixo que Martin se mergullase no alcohol es se afastase da escena ata o seu pasamento.

Recoñecementos Posúe tres estrelas no "paseo da fama", unha (6519 Hollywood Boulevard) polo seu traballo no cinema, a segunda (1817 Vine) polas súas gravacións, e a terceira (6651 Hollywood Boulevard) polo seu traballo na televisión.

Discografía 200px|miniatura|Sepultura no Westwood Village Memorial Park Cemetery 1953 - Dean Martin Sings 1955 - Swingin' Down Yonder 1955 - Dean Martin 1957 - Pretty Baby 1959 - Sleep Warm 1959 - A Winter Romance 1960 - This Time I'm Swingin'! 1961 - Dean Martin 1962 - Dino: Italian Love Songs 1962 - Cha Cha de Amor 1962 - French Style 1963 - Country Style 1963 - Dean "Tex" Martin Rides Again 1963 - Dino Latino 1964 - Dream with Dean 1964 - Everybody Loves Somebody 1964 - The Door Is Still Open to My Heart 1964 - Live at the Sands Hotel 1965 - Holiday Cheer 1965 - (Remember Me) I'm the One Who Loves You 1965 - Dean Martin Hits Again 1965 - Houston 1966 - Somewhere There's a Someone 1966 - The Hit Sound of Dean Martin 1966 - The Best of Dean Martin 1966 - Christmas Album 1966 - Songs From The Silencers 1966 - The Dean Martin TV Show 1967 - Happiness Is Dean Martin 1967 - Welcome to My World 1968 - Gentle on My Mind 1969 - I Take a Lot of Pride in What I Am 1970 - My Woman, My Woman, My Wife 1971 - For the Good Times 1972 - Dino 1973 - Sittin' on Top of the World 1973 - You're the Best Thing That Ever Happened to Me 1978 - Once in a While Filmografía miniatura|Pegadas e sinatura de Dean Martin no Paseo da Fama do Grauman's Chinese Theatre. 1949 – My Friend Irma 1950 – My Friend Irma Goes West 1950 – At War with the Army 1951 – That's My Boy 1952 – Sailor Beware 1952 – Jumping Jacks 1952 – Road to Bali 1953 – The Stooge 1953 – Scared Stiff 1953 – The Caddy 1953 – Money from Home 1954 – Living It Up 1954 – 3 Ring Circus 1955 – You're Never Too Young 1955 – Artists and Models 1956 – Pardners 1956 – Hollywood Or Bust 1957 – Ten Thousand Bedrooms 1958 – O baile dos malditos 1958 – Some Came Running 1959 – Río Bravo 1959 – Career 1960 – Who Was That Lady? 1960 – Bells Are Ringing 1960 – Ocean's 11 1960 – Pepe 1961 – All in a Night's Work 1961 – Ada 1962 – Something's Got to Give (inconcluso) 1962 – Sergeants 3 1962 – The Road to Hong Kong 1962 – Who's Got the Action? 1963 – Come Blow Your Horn 1963 – Toys in the Attic 1963 – 4 for Texas 1963 – Who's Been Sleeping in My Bed? 1964 – What a Way to Go! 1964 – Robin and the 7 Hoods 1964 – Bícame, estúpido 1965 – The Sons of Katie Elder 1965 – Marriage on the Rocks 1966 – The Silencers 1966 – Texas Across the River 1966 – Murderers' Row 1967 – Rough Night in Jericho 1967 – The Ambushers 1968 – How to Save a Marriage (and Ruin Your Life) 1968 – Bandoleiro 1968 – 5 Card Stud 1969 – The Wrecking Crew 1970 – Airport 1971 – Something Big 1973 – Showdown 1975 – Mr. Ricco 1981 – The Cannonball Run 1984 – Cannonball Run II

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial de seguidores

Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Ohio Categoría:Nados no condado de Jefferson, Ohio Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1995