Carmen Fariña, nada co apelido Guillén o 5 de abril de 1943, en Brooklyn, Nova York, é a reitora das Escolas da Cidade de Nova York e xefa do Departamento de Educación. O anuncio da súa elección por parte do alcalde Bill de Blasio produciuse o 30 de decembro de 2013. É a primeira reitora das Escolas de Nova York que conta con experiencia previa en supervisión de escolas dende Rudy Crew. Fariña foi mestra, directora, superintendente, e vicerreitora de Ensino e Aprendizaxe dende 2004 até 2006.

Traxectoria Filla de pais galegos que marcharon de España durante a guerra civil, Fariña era a única falante de castelán no xardín de infancia e aprendeu inglés na escola. A barreira da lingua era tan grave que a mestra de Fariña "marcou ausencias todos os días durante seis semanas porque Carmen, que daquela tiña o apelido Guillén, non respondía á mestra cando chamaba por Quillan durante a rolda da mañá."

Foi a primeira persoa na súa familia que estudou na universidade. É graduada en ciencias pola Universidade de Nova York e fixo tres mestrías: Brooklyn College (Educación bilingüe), Universidade de Fordham (Gifted/Arts Education) e Universidade Pace (Administración e Supervisión).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estadounidenses de orixe galega

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Alumnos da Universidade de Fordham Categoría:Alumnos da Universidade Pace