STS-100 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de abril de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-100, cos astronautas Kent Rominger (comandante), Jeffrey Ashby (piloto), Chris Hadfield (especialista de misión), Scott E. Parazynski (especialista de misión), John L. Phillips (especialista de misión), Umberto Guidoni (especialista de misión) e Iuri Lonchakov (especialista de misión) a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Instalou o brazo robótico Canadarm 2, de 18 metros de longo e 1700 kg de peso e levou a bordo da estación 4500 kg de subministracións no contedor italiano Raffaello, tres traxes espaciais para actividades extravehiculares e unha antena UHF, entre outras cousas.

O Endeavour acoplouse á estación ás 13:49 GMT do 21 de abril no porto PMA-2. Ás 16:00 o módulo Raffaello foi acoplado ao módulo Unity para a súa descarga. O módulo foi devolto ao transbordador o 27 e abril. Durante a súa misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Parazynski e Hadfield instalaron a antena de UHF no módulo Destiny e despregaron e conecataron o brazo robótico canadense; na segunda, Hadfield e Parazynski fixeron conexións adicionais co brazo robótico, recolleron unha antena en desuso e deixaron nun almacenamento externo un conmutador eléctrico de reposto.

O Endeavour desacoplouse o día 29, tras un atraso por problemas coas computadoras da estación. A nave aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, California, o 1 de maio, ao non poder aterrar en Florida debido ao mal tempo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS