A sombra de Orfeo. Comedia en tres lances é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero. Foi escrita en 1948 en Esteiro (Ferrol) e publicada pola Editorial Galaxia en 1971. Foi reeditada en 1982.
Personaxes Rafael Mariana Magdalena Luísa Fermina Elvira Antonia
Desenvolvemento Lance Primeiro. Estancia dunha casa rústica habilitada para estudio de músico e pintor. Escena I Mariana le unha carta de Rafael Golpe, famoso músico, na que acepta a proposta dela de lle facer dous retratos. A cambio pídelle que lle deixe unha cabana para ir alí con Luísa compoñer. Logo a pintora Mariana dialoga con varias discípulas e sabemos que el é o seu marido, pero xa non hai amor. Escena II Marchan as discípulas e antes quedan para iren á cabana ver o pintor. Escena III Rafael e a discípula Luísa dialogan xa na cabana, acaban de chegar, ela é case unha escrava do xenio sen vida propia e asume ese traballo con gusto. Escena IV A moza Magdalena, discípula de Mariana, entra na cabana á noite, dialoga co pintor. Vai quedar a durmir na cama e el no sofá.
Lance segundo. A mesma decoración ca no primeiro. Escena I Á mañá entra Luísa e dille ao pintor que apure, que vai chegar a súa muller. Estráñase de atopalo durmindo no diván. Magdalena, a “laverca”, di el, xa marchou. Escena II Entra Mariana e mentres Luísa prepara o almorzo dialogan sobre o traballo desta sempre ao dispor do mestre e sen intereses propios, negando a súa valía musical. Escena III Chegan as discípulas desexosas de coñeceren a Rafael. Escena IV Breve escena na que as mulleres seguen nerviosas por veren o músico. Escena V Mariana preséntalle as discípulas a Rafael. Coméntanlle que a mellor é Magdalena (ignorando que Magdalena xa estivo alí a durmir). Escena VI Comeza a pintora os retratos e vaille falando das discípulas, sobre todo de Magdalena. Escena VII Entra Magdalena, preséntanse, dialogan longamente sobre como deben ou deberían ser os retratos. Mariana dille que xa non é discípula, é tanto coma ela. Acaban acordando que cada unha delas fará un retrato do músico: “¿Vestiríalo de Orfeo, Magdalena?... !Por Deus, Mariana! De Orfeo só a luz infernal”.
Lance terceiro. A mesma decoración ca nos anteriores. Os retratos están rematados. Escena I Rafael rematou a obra musical e agradécelle a Luísa as moitísimas suxestións e correccións, ela coma sempre agradecida de que llas tivera en conta. Rematados os retratos, para Rafael o de Magdalena: “son verdadeiramente Orfeo. Transfiguroume”. Sobre o de Mariana pensa el: “pintou un monstro”. Escena II Entra Magdalena e conversa con Rafael sobre o cadro e unha sinfonía que lle vai dedicar. O pintor considera que Luísa é como un ninguén, con ela diante considérase coma se estivese só. Escena III Rafael, Magdalena, Luísa, Mariana, Fermina. Elvira. Antonia.
Chegou o momento de que as discípulas vexan os cadros e opinen. Eloxian o bo retrato de Magdalena e do de Mariana: “¿Que quixeches facer, Mariana, unha caricatura?”. E entón Mariana toma unha decisión inesperada. Escena IV Rafael dítalle a Luísa dúas cartas de despedida para Mariana e Magdalena. E el tamén toma unha decisión inesperada.
Características Na edición de 1971 dise:
Segundo Sindo Villamayor:
O mesmo autor deixou dito sobre a obra:
Segundo Henrique Rabuñal: E engade o mesmo autor: É unha comedia psicolóxica con unidade de lugar (unha estancia dunha casa rústica habilitada para estudio de músico e pintores). É unha peza de mulleres artistas con evidente substrato mítico e que predica moito do autor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1971 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego