Liam James Payne, nado en Wolverhampston o 29 de agosto de 1993 e finado en Buenos Aires o 16 de outubro de 2024, foi un cantante e compositor inglés. Alcanzou a fama como membro do quinteto, One Direction.

Traxectoria Payne fixo o seu debut como solista nas audicións para o programa Factor X en 2008. Despois de ser eliminado, volveu participar nas audicións en 2010 e foi incluído xunto a outros catro concursantes rexeitados para formar unha nova banda. O grupo publicou cinco álbums, embarcouse en catro xiras internacionais e recibiu candidaturas a diversos premios, converténdose nunha das bandas de máis éxito do seu momento. Payne traballou baixo os pseudónimos "Big Payno" e "Payno" creando remixes de cancións da propia banda e da cantante e anteriormente noiva súa Cheryl Cole.

En 2016, Payne firmou un contrato con Capitol Records como solista. En maio de 2017, Payne lanzou "Strip That Down" como sinxelo principal do seu álbum de debut. Conseguiu o posto 3 no UK Singles Chart e o posto 10 no US Billboard Hot 100, sendo certificado platino en ambos os países.

En 2024, Payne morreu tras caer dende o balcón do hotel onde se aloxaba en Buenos Aires.

Notas

Categoría:Nados nas Midlands Occidentais Categoría:Nados en 1993 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Cantantes de Inglaterra