Kepler-90h (tamén coñecido pola súa designación de obxecto de interese Kepler KOI-351.01) é un exoplaneta que orbita ó redor da estrela na secuencia principal tipo-G, Kepler-90, e está situado dentro da zona de habitabilidade da súa estrela. É o planeta máis externo dos oito planetas que se coñecen do sistema planetario de Kepler-90, todos eles descubertos polo telescopio Kepler. Está situado a preto de 2.545 anos luz (780 parsecs), ou case 2,4078 × 1016 km) da Terra, na constelación de Draco. Este exoplaneta é o oitavo no sistema multiplanetario da estrela. A partir de decembro de 2017, Kepler-90 é a estrela que alberga máis exoplanetas coñecidos. Atopouse a Kepler-90h co método de tránsito, no que se mide o efecto atenuante que provoca un planeta mentres cruza por diante da súa estrela.
Características Masa, raio e temperatura Kepler-90h é un exoplaneta do tipo xigante gasoso cunha masa de case 1,2 veces á masa de Xúpiter e un raio case igual. Ten unha temperatura de 292 K (19 °C; 66 °F), semellante á temperatura media da Terra. En termos de masa e raio é un planeta moi semellante a Xúpiter.
Estrela nai O planeta orbita unha estrela (tipo-G) chamada Kepler-90. A estrela ten unha masa de 1,2 masas solares e un raio de 1,2 raios solares. Ten unha temperatura superficial de 6.080 K e ten unha idade estimada do arredor de 2.000 millóns de anos, cunha considerable incerteza. En comparación, o Sol ten uns 4.600 millóns de anos e ten unha temperatura superficial de 5.778 K.
A magnitude aparente da estrela, ou o brillante que aparece dende a perspectiva da Terra, é de 14. É moi feble para ser vista a simple vista.
Características orbitais Kepler-90h orbita a súa estrela nai cada 331,6 días, a unha distancia de 1,01 UAs, moi semellante á distancia orbital entre a Terra é o Sol (a cal é de 1 UA).
Habitabilidade
Kepler-90h reside na zona habitable da súa estrela nai. O exoplaneta, cun radio de 1,01 Rx, é demasiado grande para ser rochoso, e por iso o planeta en si non pode ser habitable. Hipoteticamente, as lúas suficientemente grandes, con suficiente atmosfera e presión, poden ser capaces de ter auga líquida e potencialmente ter vida. Non obstante, tales lúas non se forman en torno ós planetas, probablemente terían que ser capturadas de lonxe; por exemplo, un protoplaneta que está "fuxindo". Un planeta de tamaño semellante ó de Xúpiter probablemente formaría lúas de tamaños semellantes ás Lúas de Galileo ou á lúa Titán de Saturno. Non obstante, sabemos que incluso as lúas deste tamaño poden conter atmosferas e ter campos magnéticos, xa que Titán ten unha atmosfera máis espesa cá da Terra e ten masas estables de líquidos na súa superficie. Unha lúa de tamaño similar, a lúa Ganímedes de Xúpiter, ten o seu propio campo magnético.
Para unha órbita estable, a relación entre o período orbital dunha Lúa Ps ó redor do seu primario e do primario en torno á súa estrela Pp debe ser < 1/9, por exemplo, se a un planeta lle leva 90 días facer unha órbita ó redor da súa estrela, a órbita máxima estable dunha lúa dese planeta ten que ser de 10 días ou inferior. As simulacións suxiren que unha lúa cun período orbital de menos de 45 a 60 días permanecerá con toda seguridade unida a un planeta xigante masivo ou anana marrón que orbite a 1 UA dende unha estrela parecida ó Sol. No caso de Kepler-90h, isto sería practicamente o mesmo ter unha órbita estable.
Os efectos das marea gravitatorias tamén pódenlle permitir á lúa ter procesos de tectónica de placas, o que faría que a actividade volcánica regulase a temperatura da lúa e tamén permitiríalle crear un efecto xeodinámico que daría ó satélite un campo magnético forte. Para soportar unha atmosfera terrestre de aproximadamente 4.600 millóns de anos (a idade da Terra), a hipotética lúa tería que ter unha densidade semellante a de Marte e polo menos unha masa de 0,07 M⊕. Unha forma de diminui-las perdas causadas pola pulverización catódica é que a lúa tivese un campo magnético forte que puidese desvía-lo vento estelar e os cintos de radiación. As medicións da sonda Galileo da NASA suxiren cás grandes lúas poden ter campos magnéticos; atopou que a lúa Ganímedes de Xúpiter ten a súa propia magnetosfera, aínda que a súa masa é tan só 0,025 M⊕.
Descubrimento No 2009, o telescopio espacial Kepler estaba acabando de observar estrelas no seu fotómetro, o instrumento que utiliza para detectar eventos de tránsito, nos que un planeta pasa por diante da súa estrela nai e fai que o brillo desta diminúa durante un período de tempo breve e relativamente regular. No seu último test, o telescopio Kepler xa levaba observadas unhas 50.000 estrelas no seu catálogo de entradas, incluíndo a Kepler-90; as curvas de luz preliminares foron enviadas ó equipo científico do "Kepler" para a súa análise, que elixiu ás que tiñan obvios compañeiros planetarios para o seu seguimento nos observatorios. As observacións de estrelas con posibles planetas extrasolares tiveron lugar entre o 13 de maio do 2009 e o 17 de marzo do 2012. Despois de observa-los tránsitos respectivos, que para Kepler-90h ocorreron aproximadamente cada 331 días (o seu período orbital), finalmente concluíuse que era un corpo planetario o responsable dos tránsitos periódicos de 331 días. O descubrimento, anunciouse o 12 de novembro de 2013.Schmitt, Joseph R.; Wang, Ji; Fischer, Debra A.; Jek, Kian J.; Moriarty, John C.; Boyajian, Tabetha S.; Schwamb, Megan E.; Lintott, Chris; Smith, Arfon M.; Parrish, Michael; Schawinski, Kevin; Lynn, Stuart; Simpson, Robert; Omohundro, Mark; Winarski, Troy; Goodman, Samuel J.; Jebson, Tony; Lacourse, Daryll (2013). "Planet The First Kepler Eight Planet Candidate System from the Kepler Archival Data", Astrophysical Journal, p. 23.
miniatura|center|600px|O sistema multiplanetario de Kepler-90 en comparación co noso Sistema Solar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Kepler-47c HD 69830 d
Categoría:Kepler-90