miniatura|dereita|O val de Engiadina. Engiadina (Engadina na grafía italiana e Engadin en alemán) é un val do cantón dos Grisóns, no leste de Suíza. Nel celébrase unha popular competición de esquí de fondo, e Engadin Skimarathon, que forma parte do circuíto mundial Worldloppet. Lingua
A lingua histórica principal é o romanche, falado por unhas 25 000 persoas en dúas formas dialectais: na Alta Engiadina predomina o dialecto putér, mentres que na Baixa Engiadina o dialecto vallader. Moitas veces ambas se denominan como lingua romanche ladina pola súa afinidade coa lingua ladina dolomítica. Na Alta Engiadina dende finais do século XIX, unha parte importante da poboación non fala o putér, polo que está moi difundida na zona a lingua alemá suíza; correndo mesmo o risco de desaparecer o romanche. Na Baixa Engiadina a maioría da poboación aínda fala o vallader."Sprache. Religion" Uffizi per economia e turissem
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia e xeografía de Engiadina Imaxes do lugar
Categoría:Xeografía de Suíza