Cefepime é un antibiótico beta-lactámico pertencente á cuarta xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo o nome de Maxipime.

Espectro de acción Cefepime posúe un amplo espectro de actividade, que abrangue:

Bacterias grampositivas Staphylococcus aureus Streptococcus incluíndo Streptococcus pneumoniae

Bacterias gramnegativas Acinetobacterium Aeromonas Citrobacter Escherichia coli Haemophilus influenzae Klebsiella Moraxella catarrhalis Morganella morganii Proteus Providencia Pseudomonas Serratia

Indicacións clínicas En España, a Axencia Española de Medicamentos aprobou as seguintes indicacións: infección respiratoria, infección de pel e partes brandas, infección urinaria, infección abdominal, infección xinecolóxica, meninxite bacteriana e neutropenia febril.

Dosificación Unicamente existe formulación inxectable. A dose oscila entre 1 e 2 gramos cada 8 ou 12 horas. Debe ser axustada en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30). .

Embarazo e lactación Cefepime non mostrou danos en modelos animais, pero non existen estudos controlados durante o embarazo (pertence por tanto á categoría B da FDA). Excrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución no seu emprego.

Efectos secundarios Ademais dos efectos secundarios habituais das cefalosporinas, destaca certa toxicidade neurolóxica (encefalopatía, confusión, mioclonías, convulsións), especialmente en pacientes con insuficiencia renal cando se empregan altas doses.

Notas

Categoría:Antibióticos