O Premio Xela Arias é un premio creado en 2018 pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. O seu nome recoñece o labor de Xela Arias como tradutora. Os seus obxectivos son poñer en valor a tradución profesional e o galego como lingua de traballo.

Ten carácter simbólico e premia empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou a interpretación cara a ou desde o galego.

Premios 2018: María Alonso Seisdedos. 2019: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. 2020: NUMAX. O xurado valorou a súa aposta polo galego "procurando usalo coma lingua de divulgación do audiovisual" e a visibilidade que dan aos tradutores. 2021: Viceversa. 2022: A Mesa pola Normalización Lingüística. 2023: Asociación Galega de Editoras. 2024: Takekazu Asaka e Gabriel Álvarez Martínez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio de Tradución Plácido Castro Premio Lois Tobío ao Libro Traducido Premio Ramón Cabanillas de Tradución Premio Realia de Tradución Literaria

Xela Arias Xela Arias Categoría:Xela Arias