José Domingo Duquesne, nado en Bogotá o 23 de febreiro de 1748 e finado ibídem o 30 de agosto de 1822, foi un crego, teólogo, científico e escritor colombiano. Sendo políglota, Duquesne falaba castelán, francés, latín, grego antigo, italiano e chibcha.Biography José Domingo Duquesne - Banco da República de Colombia

Traxectoria José Domingo Duquesne naceu en Bogotá, a capital do Vicerreinado de Nova Granada. Os seus pais eran o francés Juan Francisco Duquesne, orixinario de Montpellier, e Clara Ignacia de la Madrid, de Bogotá. Asistiu ó Colexio Maior e Seminario de San Bartolomeu graduándose en 1774 en lei canónica e teoloxía. Durante as súas disertacións de filosofía Duquesne tratou das ciencias naturais.

Dende 1775 até 1795 Duquesne foi asignado ás vilas indíxenas de Lenguazaque e Gachancipá e estudou o muysccubun, a lingua dos muiscas. Este foi o primeiro estudo dunha lingua case extinta daquela por mor da prohibición das autoridades do Imperio Españoñ en 1577 e o peche da derradeira escola bilingüe en 1638. Despois de dez anos de servizo en Lenguazaque, o 13 de xullo de 1785 Duquesne estivo traballando na parroquia da igrexa de Gachancipá.Duquesne en GachancipáZerda, 1882, p.168

En 1795 Duquesne publicou a súa obra Disertación sobre el calendario de los muyscas, indios naturales de este Nuevo Reino de Granada. Neste traballo trata o complexo calendario muisca de tipo lunisolar. José Celestino Mutis entregou o traballo de Duquesne ó famoso científico natural Alexander von Humboldt que visitou os territorios colombianos en 1801.

Despois da publicación da súa obra sobre o calendario muisca, os numerais muiscas e a gramática da lingua chibcha, Duquesne foi nomeado cóengo da catedral de Bogotá por Carlos IV, o rei de España en 1800. De volta na capital tomou os seus coñecementos sobre a linguaxe e o calendario muiscas xunto cunha interpretación da até entón sen descifrar Ælia Lælia Crispis.

Duquesne retirouse en 1819 e morreu o 30 de agosto de 1822.Zerda, 1882, p.171

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1748 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Finados en 1822 Categoría:Escritores de Colombia