Artur I (en ; ), nado o 29 de marzo de 1187 en Nantes e finado o 3 de abril de 1203,Jean Flori, Aliénor d'Aquitaine - La reine insoumise, Payot, 2004, p. 281(en inglés) Généalogie d'Arthur Ier de Bretagne sur le site de la Fondation pour le généalogie médiévale foi o fillo póstumo de Godofredo II da Bretaña e de Costanza, duquesa da Bretaña e condesa de Richmond.

Traxectoria Primeiros anos Foi proclamado duque da Bretaña pola súa nai Costanza da Bretaña e os grandes en 1196, ducado asociado a Costanza, que era a duquesa herdeira. Foi educado na corte de Filipe Augusto, que o protexeu da cobiza do seu tío Ricardo Corazón de León. Porén, este nomeouno herdeiro do trono inglés á súa morte en 1191, relegando ó seu irmán máis novo Xoán sen Terra. Mais Filipe Augusto foi máis hábil: en 1198, convenceu ós nobres bretóns para que enviasen a Artur á corte francesa co obxectivo de ser educado alí, por ser o seu vasalo, o cal representaba unha clara amenaza para Ricardo, pois sendo Artur o seu herdeiro, este, educado polo rei francés, acabaría por volverse na súa contra. Evidentemente o rei inglés lembraba os amargos momentos que lle fixo pasar ó seu pai Henrique II cando era o herdeiro, e non quería que isto se repetise. Ricardo decidiu desherdar a Artur e nomeou novo herdeiro ó seu irmán Xoán. Porén, o herdeiro lexítimo de Ricardo era Artur, por evidente liña sucesoria (ó ser o fillo do irmán inmediatamente menor do rei). Isto ocasionou unha grave confusión en Inglaterra.

Perda da coroa Ó morrer Ricardo (1199), Artur debía ser o sucesor do defunto rei, mais estando ausente do país, Xoán sen Terra aproveitou a ocasión para proclamarse rei, apoiado pola súa nai Aliénor de Aquitania, que lle cedeu a rexencia do ducado de Aquitania. Os nobres do condado de Anjou proclamaron como conde a Artur, co apoio do rei de Francia, mentres que os nobres de Normandía e os propios ingleses recoñeceron a Xoán como o seu soberano. Porén, ó ser derrotado o novo rei inglés, decidiu pactar co monarca francés cedéndolle algúns terreos e unha abondosa compensación económica. En troques, o rei de Francia retirou o seu apoio a Artur deixándolle só o ducado da Bretaña como feudo vasalo de Xoán sen Terra. En 1201, ó morrer a súa nai, Artur asumiu o goberno do ducado da Bretaña.

Morte No marco da guerra, Artur intentou secuestrar á súa avoa, Aliénor de Aquitania, no castelo de Mirebeau, achegado a Poitou. Esta pediu axuda ó seu fillo Xoán, que derrotou o exército francés do duque da Bretaña na batalla de Mirebeau e Artur foi apresado polo cabaleiro Guillerme des Roches e encarcelárono primeiro en Falaise e logo en Ruán, onde Xoán sen Terra tratou de obrigalo a renunciar ás súas pretensións ó trono inglés, primeiro con ameazas, e logo segundo algúns, mediante a tortura. Ninguén sabe que ocorreu con Artur despois diso. Segundo os anais de Margam, o 3 de abril de 1203: «Logo de que o rei Xoán capturase a Artur e mantivese vivo en prisión algún tempo no Castelo de Ruán... cando Xoán estaba bébedo e posuído polo demo, matou a Artur coas súas propias mans e, atando o corpo a unha pedra pesada, botouno no Sena». Porén, o oficial que comandaba a fortaleza de Ruán, Huberto de Burgh, declarou ter entregado a Artur por volta da Pascua de 1203 ós axentes do rei para ser castrado e que Artur morreu dunha conmoción. Máis tarde, Huberto retractouse e declarou que Artur aínda estaba vivo, pero ninguén o volveu con vida, e a suposición do seu asasinato causou unha rebelión contra o rei Xoán na Bretaña e despois en Normandía. Ademais de Arturo, Xoán tamén capturou á súa sobriña, Leonor, primeira doncela da Bretaña, que permaneceu prisioneira o resto da súa vida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Legge, M. Dominica (1982), "William the Marshal and Arthur of Brittany", Historical Research, volume 55

Powicke, F. M. (outubro de 1909), "King John and Arthur of Brittany", The English Historical Review, volume 24, pp. 659–674

Categoría:Nados en 1187 Categoría:Finados en 1203 Categoría:Duques da Bretaña Categoría:Nados en Nantes