Hermann Maier, nado en Altenmarkt im Pongau o 7 de decembro de 1972, é un ex-esquiador austríaco que gañou dúas medallas de ouro olímpicas (4 medallas en total), tres campionatos do mundo (6 medallas en total), 4 xerais da Copa do Mundo (e 10 Copas do Mundo en diferentes disciplinas) e 54 vitorias na Copa do Mundo de Esquí Alpino (cun total de 96 podios). Foi un dos mellores expoñentes do deporte. O martes 13 de outubro de 2009 anunciou a súa retirada definitiva da competición, tras unha lesión no xeonllo dereito producida no mes de marzo e que tivo que ser operada.El austriaco Hermann Maier anuncia su retirada del esquí alpino

Traxectoria Inicios esquerda|miniatura|211x211px|Maier no "Day of Sports" de Viena en 2006. Aínda que a Maier inicialmente non lle entusiasmaba o éxito no esquí, ía á escola de esquí Schladming, mais aos seus 15 anos foi enviado á casa porque tiña unha constitución débil debido ao seu crecemento. Unha vez na casa estivo na escola de esquí do seu pai en Flachau. No verán dedicábase a traballar como albanel e no inverno como profesor de esquí.

Participando en carreiras locais ilegais, Maier comezou a destacar como campión rexional en Salzburgo e no Tirol, pero aínda non se gañou un sitio no equipo da Copa do Mundo de esquí de Austria. O seu sobresaliente talento foi recoñecido por primeira vez polos adestradores austríacos en 1996 cando se colocou co duodécimo mellor tempo no slálom xigante da Copa do Mundo en Flachau, aínda que Maier só estaba a abrir a pista e non participaba na competición. Isto foi o principio da súa carreira internacional.

Carreira En febreiro de 1997 gañou o seu primeiro evento na Copa do Mundo, unha carreira do Super-G en Garmisch-Partenkirchen, Alemaña. Rapidamente estableceuse como un esquiador explosivo e dinámico, ben coñecido pola súa forza e a súa valentía tomando risco e o esforzo sen fin que puña nas súas sesións de adestramento. Dende entón foi dominador no esquí alpino, dende o slálom xigante ata o descenso.

Nos Xogos Olímpicos de Nagano (1998) sufriu na proba de descenso unha das caídas máis espectaculares que se lembran cando saíu despedido polo aire cando ía máis de 100 quilómetros por hora voando literalmente unha centena de metros e rompendo finalmente dúas proteccións que non lograron detelo totalmente, parando case 30 metros despois. Estas imaxes deron a volta a todo o mundo e mesmo foi a portada de Sports Illustrated. Foi tan impresionante como a súa expresión de normalidade ao erguerse e abandonar polo seu propio pé a pista con só molestias no xeonllo e o ombreiro e que a pesar das súas lesións gañase nos días seguintes a medalla de ouro no slálom xigante e no super-G. Ese mesmo ano gañou a Copa do Mundo global e a modalidade de Super-G. Nos anos 2000 e 2001 volveu gañar a competición global da Copa do Mundo.

A súa prometedora carreira estivo a piques de truncarse definitivamente tras un accidente de moto en agosto de 2001 no que chocou cun automóbil camiño da casa tras unha sesión de adestramento. Os médicos estiveron a piques de cortarlle unha perna, mais a súa insistencia así como a decisión e fe do cirurxián Arthur Trost (que durante varias horas loitou coa fractura aberta, cos tendóns e os ósos esnaquizados para evitar unha amputación que parecía inevitable) salvaron mediante unha intensiva cirurxía reconstrutiva a perna esquerda do mellor esquiador do momento. Contaba entón con tres Globos de cristal (Xeral da Copa do Mundo), 41 triunfos e 69 podios na Copa do mundo e era dobre Campión Olímpico e Mundial. Maier comezou un longo e duro proceso de rehabilitación que durou 17 meses e que lle fixo perderse as tempadas 2001-2002 e 2002-2003 así como os Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. Moitos pensaron que a súa carreira rematara e poucos que puidese volver andar con normalidade e moito menos esquiar.

Con todo Maier volveu á Copa do Mundo en xaneiro de 2003 en Adelboden, Suíza, e só dúas semanas despois sorprendeu a todo o mundo do esquí cunha sorprendente vitoria do super-G en Kitzbühel, Austria. En 2004, na súa primeira tempada completa tras o accidente, Maier volveu gañar a competición global da Copa do Mundo por cuarta vez na súa carreira e a súa quinta Copa do Mundo no Super-G, un feito visto como un dos maiores regresos na historia dos deportes. Ese ano, Hermann Maier recibiu o premio Laureus World Sports Award polo regreso do ano.

Como reflexo da súa natureza aparentemente indestructible, foi alcumado Herminator. Despois dos Xogos Olímpicos de Nagano apareceu no programa de Jay Leno, xunto co actor Arnold Schwarzenegger, coñecido no mundo enteiro pola saga Terminator.

En 2004, Maier escribiu unha autobiografía cos seus amigos e o seu axente de publicidade, Knut Okresek. Un libro en lingua alemá titulado Hermann Maier: Dás Rennen Meines Lebens ("Herman Maier: A carreira da miña vida") no que contaba a súa recuperación dende o accidente de motocicleta en 2001. En 2005, VeloPress, adquiriu os dereitos do libro e foi publicado durante os Xogos Olímpicos de 2006 como Hermann Maier: The Race of My Life.

En outubro de 2005 Maier gañou o slálom xigante de Sölden, o que o colocou como o segundo esquiador con máis vitorias na Copa do Mundo con 51 por detrás unicamente de Ingemar Stenmark que sumou 86 e por diante de Alberto Tomba con 50. Maier conseguiu as súas vitorias en slálom xigante, superxigante, descenso e combinada, mentres que Stenmark e Tomba o fixeron unicamente en slálom e slálom xigante, o cal indica o completo que foi Maier no esquí.

O 30 de novembro de 2008, case tres anos despois do seu último triunfo nunha proba da copa do mundo, logrou sumar en Lake Louise a súa vitoria número 54 (e podio número 95), aumentando ademais a 24 a marca de vitorias en superxigante, disciplina na cal é claramente o mellor de todos os tempos. Converteuse ademais no segundo esquiador alpino de maior idade en gañar unha proba da Copa do Mundo con 35 anos e 358 días, por detrás de Marco Buechel con 36 anos e 45 días.

Resultados Xogos Olímpicos de Inverno 1998 en Nagano, Xapón Super Xigante: 1º Slálom Xigante: 1º 2006 en Turín, Italia Super Xigante: 2º Slálom Xigante: 3º Descenso: 6º

Campionatos Mundiais

1999 en Vail, Estados Unidos Descenso: 1º Super Xigante: 1º 2001 en Sankt Anton am Arlberg, Austria Descenso: 2° Super Xigante: 3º Slálom Xigante: 4º 2003 en St. Moritz, Suíza Super Xigante: 2° Descenso: 8° 2005 en Bormio, Italia Slálom Xigante: 1º Super Xigante: 4º Descenso: 17º 2007 en Åre, Suecia Super Xigante: 7º Descenso: 13º Slálom Xigante: 21º 2009 en Val d'Isère, Francia Descenso: 6º Super Xigante: 18º

Copa do Mundo

Clasificación xeral Copa do Mundo 1995-1996: 106° 1996-1997: 21° 1997-1998: 1º 1998-1999: 3° 1999-2000: 1º 2000-2001: 1º 2001-2002: Non participou 2002-2003: 45° (soamente participou en cinco carreiras) 2003-2004: 1º 2004-2005: 3° 2005-2006: 6° 2006-2007: 19° 2007-2008: 21° 2008-2009: 26°

Clasificación por disciplinas (Top-10)

1996-1997: Super Xigante: 4º 1997-1998: Super Xigante: 1º Slálom Xigante: 1º Descenso: 2º Combinada: 2º 1998-1999: Super Xigante: 1º Slálom Xigante: 3º Descenso: 6º Combinada: 6º 1999-2000: Descenso: 1º Super Xigante: 1º Slálom Xigante: 1º Combinada: 2º 2000-2001: Descenso: 1º Super Xigante: 1º Slálom Xigante: 1º 2003-2004: Super Xigante: 1º Descenso: 3º Combinada: 10º 2004-2005: Super Xigante: 2º Descenso: 3º Slálom Xigante: 4º Combinada: 9º 2005-2006: Super Xigante: 2º Descenso: 7º Slálom Xigante: 8º 2006-2007: Super Xigante: 6º 2007-2008: Super Xigante: 10º 2008-2009: Super Xigante: 4º

Vitorias da Copa do Mundo (54) Descenso (15) DataLugar29 de decembro de 1997 Bormio 16 de xaneiro de 1998 Wengen 29 de decembro de 1998 Bormio 27 de novembro de 1999 Beaver Creek 8 de xaneiro de 2000 Chamonix 29 de xaneiro de 2000 Garmisch-Partenkirchen 2 de decembro de 2000 Beaver Creek 9 de decembro de 2000 Val d'Isère 20 de xaneiro de 2001 Kitzbühel 2 de marzo de 2001 Kvitfjell 8 de marzo de 2001 Åre 6 de decembro de 2003 Beaver Creek 14 de febreiro de 2004 Sankt Anton am Arlberg 5 de marzo de 2005 Kvitfjell 28 de xaneiro de 2006 Garmisch-Partenkirchen

Slálom Xigante (14) DataLugar25 de novembro de 1997 Park City 6 de xaneiro de 1998 Saalbach-Hinterglemm 13 de xaneiro de 1998 Adelboden 25 de outubro de 1998 Sölden 12 de xaneiro de 1999 Adelboden 31 de outubro de 1999 Tignes 24 de novembro de 1999 Beaver Creek 5 de febreiro de 2000 Todtnau 29 de outubro de 2000 Sölden 10 de decembro de 2000 Val d'Isère 9 de xaneiro de 2001 Adelboden 15 de febreiro de 2001 Shigakogen 10 de marzo de 2001 Åre 23 de outubro de 2005 Sölden

Super Xigante (24) DataLugar23 de febreiro de 1997 Garmisch-Partenkirchen 6 de decembro de 1997 Beaver Creek 10 de xaneiro de 1998 Schladming 11 de xaneiro de 1998 Schladming 1 de febreiro de 1998 Garmisch-Partenkirchen 13 de decembro de 1998 Val d'Isère 21 de decembro de 1998 Innsbruck 9 de xaneiro de 1999 Schladming 7 de marzo de 1999 Kvitfjell 28 de novembro de 1999 Vail 5 de decembro de 1999 Lake Louise 21 de xaneiro de 2000 Kitzbühel 16 de marzo de 2000 Bormio 26 de novembro de 2000 Lake Louise 19 de xaneiro de 2001 Kitzbühel 4 de marzo de 2001 Kvitfjell 27 de xaneiro de 2003 Kitzbühel 30 de novembro de 2003 Lake Louise 1 de febreiro de 2004 Garmisch-Partenkirchen 11 de marzo de 2004 Sestrières 24 de xaneiro de 2005 Kitzbühel 6 de marzo de 2005 Kvitfjell 20 de xaneiro de 2006 Kitzbühel 30 de novembro de 2008 Lake Louise

Combinada (1) DataLugar18 de xaneiro de 1998 Wengen/Veysonnaz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Hermann Maier O famoso accidente nos Xogos Olímpicos de Nagano

Categoría:Nados no estado de Salzburgo Categoría:Nados en 1972 Categoría:Esquiadores alpinos olímpicos de Austria Categoría:Medallistas olímpicos en esquí alpino Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Austria Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Austria Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Austria Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006