Antonio Fernández Miniño, nado no Porriño en 1891 e finado no mesmo concello o 26 de abril de 1985,Necrolóxica en Faro de Vigo, 27-4-1985, p. 45. foi un zapateiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Fernández Rodríguez e Juana Miniño Barciela. Emigrou ao Brasil cara a 1910, onde traballou de albanel e zapateiro, fíxose sindicalista e colaborou na prensa. Foi expulsado do Brasil cara a 1919. Cando retornou tivo que facer o servizo militar en Ferrol. Ao rematar instalou un taller para fabricar calzado no Porriño. De ideoloxía libertaria, foi membro do Centro Cultural do Porriño. Colaborou en La Tierra.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado nun tobo ao coidado da súa muller. Os seus irmáns Eduardo, Rogelio e José Fernández Miniño, así como o irmán da súa muller, Víctor Valverde Mayo, foron asasinados polos franquistas. Entregouse en 1939. Foi xulgado en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso na Prisión do Partido de Vigo. Foille concedida a liberdade provisional en febreiro de 1942.BOE, 2-1942, p. 1517.

Vida persoal

Casou con Saladina Valverde Mayo en maio de 1924,El Pueblo Gallego, 21-5-1924, p. 7. e foi pai de Esteban, Antonio, Eduardo, Carmen, Eulogio e Óscar Fernández Valverde.El Pueblo Gallego, 12-3-1975, p. 16.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas De Antonio a Antón

Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes