Azerbaidján,"Azerbaidján" en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua p. 115. UDC. ISBN 978-84-9749-504-2. Azerbaidzhan, Azerbaixán"Azerbaixán" en ou Acerbaixán (en azerí: Azərbaycan), oficialmente República de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio. Limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e o Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Azerbaidján) limita con Armenia ao norte e ao leste, o Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Cultural, histórica e politicamente, Azerbaidján é considerado parte de Europa. No entanto, a súa localización no Cáucaso meridional sitúao nunha fronteira imaxinaria entre Europa e Asia. Trátase realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Azerbaidján é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Etimoloxía miniatura|Azerbaidján e as súas principais cidades

De acordo coa etimoloxía moderna, o nome de Azerbaidján deriva de Atropates, un Sátrapa Persa, baixo o Imperio aqueménida, quen máis tarde foi reinstalado como o sátrapa de Media baixo Alexandre o Grande.Con todo, “malia ser un dos líderes vasalos do Shahanshah (monarca) sasánida, o rei albano só tiña certo poder, mentres que o Marzban (gobernador militar) sasánida tiña a maioría das competencias civís, relixiosas e militares. Crese que a etimoloxía orixinal do nome ten as súas raíces no Zoroastrismo (unha vez dominante). No Avesta, Frawardin Yasht ("Himno aos anxos da garda"), hai unha mención de âterepâtahe ashaonô fravashîm ýazamaide, que literalmente se traduce do avéstico como "adoramos o fravashi do sagrado Atropatene." O nome "Atropates" en si mesmo é a transliteración grega do antigo iraniano, probablemente medo, nome composto co significado de "Protexido polo lume (sagrado)" ou "a terra do lume (sagrado)". O nome grego foi mencionado por Diodoro Sículo e Estrabón ao longo dos milenios, o nome evolucionou a Āturpātākān (persa medio), logo Ādharbādhagān, Ādharbāyagān, Āzarbāydjān (persa novo) e actualmente Azerbaidján.

En 1918 o goberno de Musavat adoptou o nome "Azerbaidján" para a República Democrática de Azerbaidján, proclamada o 28 de maio dese ano, por razóns políticas, aínda que o nome de "Azerbaidján" sempre se utilizou para referirse á rexión adxacente da rexión contigua do noroeste de Irán. Así, ata 1918, cando o réxime de Musavat decidiu nomear o novo estado independente de Azerbaidján, esta designación utilizábase exclusivamente para identificar a provincia iraniana de Azerbaidján.

Xeografía

Historia

Pertencente ao Irán (por entón Persia), Azerbaidján foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII. Até entón, o territorio dividíase en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhichivan.

A administración rusa comezou a fins do século XIX coa explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.

Acadou definitivamente a independencia no 1991.

Goberno e política

Azerbaidján é unha República presidencialista. O Presidente de Azerbaidján elíxese por un período de 5 anos.

O poder lexislativo está nas mans da Asemblea Nacional, un organismo elixido democraticamente, que consta de 50 membros.

A maioría de idade está establecida nos 18 anos.

Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todos os niveis.

Para saír ao exterior, cómpre empregar pasaporte, que dende 2013, é do tipo dos chamados pasaportes biométricos.

Subdivisións miniatura|Divisións de Azerbaidján.

Azerbaidján está dividido en: 59 raións (rayonlar; rayon – singular) 11 cidades* (şəhərlər; şəhər – singular) 1 república autónoma** (muxtar respublika)

Economía

A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu o derrubamento da Unión Soviética.

A economía está baseada na industria, que inclúe a construción de maquinaria, o refino de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), a industria téxtil e a química.

A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, té, tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil da seda. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería, principalmente bovina, ovina e caprina. No mar Caspio practícase a pesca, en particular a do esturión.

Demografía

miniatura|esquerda|Evolución demográfica de Azerbaidján entre 1960 e 2010 (en miles)

A súa poboación estimábase en 9 411 800 habitantes o 10 de xullo de 2013.

Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azerí (de relixión musulmá e predominantemente xiíta, cunha lingua pertencente á póla turca da familia altaica). Este pobo está presente no Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.

As minorías étnicas inclúen os lezguios o 1,35%, os rusos (a maioría dos rusos emigraron dende que Azerbaidján declarou a súa independencia) o 1,35% e os armenios o 1,35% (case todos os armenios viven na rexión separatista de Nagorno-Karabakh). Hai tamén varios grupos étnicos máis pequenos no país, como os ávaros, tats, xudeus, tártaros, turcos, talysh e ucraínos.

Segundo datos de 2009, a esperanza de vida ao nacer en Azerbaidján é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Olukbasi, Suha. Azerbaijan: A Political History. I.B. Tauris (2011). Focus on post-Soviet era. de Waal, Thomas. Black Garden. NYU (2003). Goltz, Thomas. Azerbaijan Diary : A Rogue Reporter's Adventures in an Oil-Rich, War-Torn, Post-Soviet Republic. M E Sharpe (1998). Outros artigos República Democrática de Azerbaidján República Socialista Soviética de Azerbaidján Presidente de Azerbaidján Primeiro ministro de Azerbaidján Bandeira de Azerbaidján Emblema de Azerbaidján Azərbaycan marşı Ligazóns externas Sitio web oficial do Presidente de Azerbaidján Perfil de Azerbaidján BBC