O Rally Mil Vistas de 1991 foi a segunda edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 2 de novembro de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.

Arturo Rial chegou a este rally co título de campión galego case asegurado e asegurouno xa antes da saída, ao non participar Antonio Garrido, o único con posibilidades de impedirllo.

Itinerario Constou de cinco treitos diferentes, con dúas pasadas polos treitos de Carnota, Muros, O Ézaro e Dumbría e tres polo de Muros, estando situadas nesta última vila a saída e a chegada.

Resumo O noiés Arturo Rial proclamouse campión de Galicia por segunda vez xa antes do comezo da proba ao non presentarse o berciano Antonio Garrido, o único que podía arrebatarlle a primeira posición no campionato. No primeiro treito, Carnota, Rial saíu voando por un desnivel e caeu ao río, saíndo ilesos polo portón traseiro do vehículo tanto el como o seu copiloto, José Manuel Pazos. O piloto local Manuel Senra estreaba un Peugeot 309 GTI 16v e con este novo vehículo colocouse líder dende o principio, sacándolle 15 segundos a Germán Castrillón nos tres primeiros treitos. Con todo, despois de cruzar a meta do terceiro treito quedou sen presión do aceite e tivo que retirarse.

Con estes abandonos Castrillón lideraba a proba pero viuse adiantado por Juan Carlos Táboas, despois de que este marcase os mellores tempos nas primeiras pasadas por Dumbría e Vimianzo. Xa na segunda pasada por Vimianzo o Citroën AX Sport de Táboas rompeu un palier e tivo que abandonar. Deste xeito o único rival importante de Castrillón era Javier Piñeiro, que non puido co Ford Sierra Cosworth do cabanés, finalizando en segunda posición.

Miguel Dopico, cun Peugeot 309 GTI, completou o podio, mentres que en cuarta posición chegou Magdaleno e en quinta Moisés Carballeira. Dos 42 pilotos que tomaron a saída, chegaron á meta 27. Entre os abandonos, ademais dos de Senra, Rial e Táboas, estiveron os de Ricardo Vidal e os mecánicos de Senra, Juan Fernández e José Antonio Trillo, que se alternaron o volante dun Peugeot 205 GTI.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Germán Castrillón José Manuel López CastrillónFord Sierra Cosworth2 Javier Piñeiro Carlos CascallarRenault Clio 16v3 Miguel Dopico Álvaro LouroPeugeot 309 GTI4 José María Magdaleno Mario LabrañaLancia Delta Integrale5 Moisés CarballeiraPeugeot 205 Rallye6 Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX SportAbandonos- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI- Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport- Juan Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX Sport- Ricardo Vidal Juan Carlos SoutoPeugeot 205 GTI- Juan Fernández José Antonio TrilloPeugeot 205 GTI

Notas

Categoría:Rally Mil Vistas Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally